Desde Amigos de la Tierra lanzamos esta serie documental de tres capítulos co obxectivo de inspirar a creación de novas comunidades enerxéticas a través da ilusionante experiencia de moitos proxectos exitosos por todo o territorio.

Este proxecto documental xorde da necesidade de descentralizar a enerxía, de darlle a volta a un modelo enerxético obsoleto baseado en combustibles fósiles e en mans dun puñado de empresas. Desde Amigos de la Tierra consideramos que é imprescindible avanzar cara a unha transición enerxética xusta baseada en enerxías limpas e en mans das persoas.

Cada vez son máis as comunidades enerxéticas que existen en todo o territorio, pero necesitamos moitas máis! E por eso reunimos neste documental que lanzamos hoxe, varias destas experiencias exitosas para contaxiarnos do seu entusiasmo e bo facer para que cada vez máis persoas se unan e … Tomemos a Enerxía!! Fagamos Nosa a Enerxía!

Desde Amigos de la Tierra contamos cunha guía para crear unha comunidade enerxética, e pensamos que sería unha boa idea contar tamén cunha guía audiovisual onde as propias comunidades enerxéticas nos contasen o paso a paso de crear unha iniciativa deste tipo. «Como crear unha comunidade enerxética? Está nas nosas mans» é o resultado.

A serie contou coa participación das comunidades enerxéticas de Monachil (Selecta), Luco de Jiloca (Teruel), Arroyo Alumbra (Huelva), Buchabade (Pontevedra) e Gares Enerxía e Gares Bide (Navarra).

A serie documental consta de tres capítulos desde  “Grupo motor: O movemento”, “Cuestións administrativas: Papeis, papeis e máis papeis” e “A instalación: Ao choio”.

 

Capítulo 1. Grupo motor: O Movemento.

 

 

Capítulo 2. Cuestións administrativas: Papeis, papeis e máis papeis.

 

Capítulo 3. A instalación: Ao choio

Animásmovos a que a vexades, a disfrutedes e a compartades!!!!

 

Fagamos Nosa a Enerxía!

Comunidades Enerxéticas