Coa proximidade das eleccións municipais do domingo 28 de maio, Amigas da Terra enviou a todos os partidos políticos, un documento cunha serie de propostas que consideramos prioritarias para esta próxima lexislatura. O documento estrutúrase en 6 áreas temáticas, con obxectivos e propostas para cada unha delas.

Na área de Enerxía e cambio climático, o obxectivo que marcamos é reducir a dependencia das enerxías fósiles, promover o aforro e a eficiencia, fomentar as comunidades enerxéticas e o autoconsumo como fórmula democratizadora do sistema enerxético

O obxectivo da área de Mobilidade, sería un cambio de paradigma, reducindo e pacificando o tráfico nos centros urbanos, dando prioridade a peón, bicicleta e transporte público e tomando medidas para mellorar a calidade do aire.

En materia de Residuos, o obxectivo principal sería a redución dos residuos xerados e abandonar a súa incineración, aproveitando ao máximo a fracción orgánica facendo da compostaxe o mellor método de xestión dos bioresiduos e acabar coa incultura do usar e tirar

En canto a Soberanía alimentaría, desde Amigas da Terra marcamos o obxectivo de incrementar a produción o consumo e venda de alimentos de produción local, fomentando as canles curtas de distribución, e valorar e dignificar o papel das persoas agricultoras e a agricultura sustentable.

O obxectivo da área de Biodiversidade é ampliar en extensión e número os espazos naturais protexidos, así como mellorar a xestión dos existentes.

Finalmente, Amigas da Terra propomos os concellos conten con órganos de participación social mediante a creación dos Consellos Municipais de Medio ambiente.

 

Documento de propostas >>>