Queres formarte na Mestría en compostaxe?

Lanzamos un curso especial en formato híbrido (clases online e presenciais) con practicas nun centro de compostaxe comunitaria e visitas a proxectos das provincias da Coruña e Lugo. Non quedes sen a túa praza!

Desde Amigas da Terra organizamos un novo curso de mestría en compostaxe  co obxectivo de mellorar a empregabilidade da xente nova no territorio galego. Nesta ocasión o curso conta cunha importante parte dos contidos en formato presencial, acompañados de prácticas no terreo, o que ampliará sustancialmente esta parte da formación.

Son cursos son gratuítos e priorizarase o acceso á xente moza, persoas en situación especial de vulnerabilidade, tales como mulleres, residentes en zonas rurais e/ou áreas protexidas, persoas inmigrantes, persoas con diversidade funcional, etc.

Infórmate e non deixes pasar esta oportunidade!

Escribe a : maria.duran@amigasdaterra.net ou chama ao: 611063186

Proxecto financiado a cargo da asignacion do 0,7% do IRPF da Conselleria de Política Social da Xunta de Galicia