Escoitaches falar da carne de laboratorio? E da impossible Burger? Imos facer tres directos en Instagram para falar destas supostas solucións que están a explotar as grandes empresas. As empresas están a aproveitar o tirón das dietas veganas para facer negocios e ofrecernos alimentos insalubres. É completamente necesario reducir o consumo de carne, pero é necesario ofrecer falsas solucións cos riscos e ameazas que isto conleva para as persoas e os territorios?
A carne industrial converteuse nun tema crítico na sociedade, os medios e a ciencia. A industria cárnica está a ser criticada polas súas condicións laborais, a gandería na que se basea e o seu impacto no clima e o medio ambiente. Ao mesmo tempo, as alternativas á carne melloraron tanto tecnicamente como en sabor e textura, e actualmente hai unha ampla gama de produtos. O público opta cada vez máis por produtos vexetarianos e carne producida sosteniblemente. E como era de esperar as empresas aproveitaron esta tendencia para ofrecer falsas alternativas á carne, como alimentos ultraprocesados e a carne de laboratorio.
Desde Amigas da Terra demandamos políticas públicas encamiñadas a posibilitar unha transición agroecológica, que vaian dirixidas cara a unha redución do consumo de carne e pola aposta pola gandería extensiva, ecolóxica e ligada ao territorio.
Non o perdas e queda coas datas!