Este programa estará dirixido a afianzar unha comunidade universitaria coñecedora, consciente e sensibilizada da problemática da xeración excesiva dos residuos e as súas problemáticas asociadas e disposta a pasar á acción implicándose en cambios transformadores que van dende o individual ata o colectivo, xerando novos hábitos que pasarán a formar parte da nova cultura universitaria do residuo cero nos campus universitarios das Universidadesde Vigo e Santiago.

O programa iniciase este mes de marzo e chegará ata novembro. Podes adicarlle o tempo que ti teñas, todas as accións por pequenas que sexan contribúen ao cambio.

Faremos formacións, encontros con influencers, cafes Repair, obradoiros sobre as temáticas que decidamos entre todas.. Tes algunha razón para dicir que non?

Apuntate a este espazo de aprendizaxe e creación colectiva cara unha Universidade e un Futuro Residuo Cero.

Contacto:

activistas@amigasdaterra.net

Whatsapp: 611063186

 

Proxecto con cargo á asignación tributaria do 0,7% do IRPF da Conselleria de politica social da Xunta de Galicia