A cidade de Ourense acolle diversas actividades culturais que analizan a catástrofe do ‘Prestige’ vinte anos despois e nas cales dende Amigas da Terra colaboramos na organización.

Aqui tedes a programación de actos para animarvos a participar e difundir.

••••••••••••••••••••• P R O G R A M A •• D E •• A C T O S ••••••••••••••••••••••

• A partir do 23 de marzo no Museo Pedagoxíco da Faculdade de Ciencias de Educación, Campus de Ourense

EXPOSICIÓN “NUNCA MÁIS, A VOZ DA CIDADANÍA”

• 17 de marzo, 20:00 h no Salón de Actos do Edificio Sindical (Parque S. Lázaro nº12)

Charla-coloquio “NUNCA MAIS: VINTE ANOS DESPOIS” Presenta: Nate Borrajo

Interveñen: Xosé Santos, membro da Plataforma Nunca Mais e

Xavier Paz, editor de “NUNCA MAIS, A VOZ DA CIDADANÍA”

• 18 de marzo, 19:00 h no Centro Cívico da Ponte

Proxección “DENTRO DO CHAPAPOTE”, reportaxe realizado por Pablo Cubela e Jainer Barros

[emitido por primeira vez fai 20 anos, en Ourense TV BEMPOSTA] Ao remate, coloquio con Jainer Barros

• 25 de marzo CEA CIDADÁ ás 21:00 h no local da ASOCIACIÓN ANDEN PRIMEIRO (A Ponte)

Prezo 10€ -bebida a parte. Hai que anotarse antes do día 22 de marzo

no correo ceanuncamais@gmail.com ou acudindo aos locais de C.C.O.O ou de CIG Administración

Asemesmo, vos comunicamos que na oficina de Ourense temos a disposición bonos/entrada para a cea do día 25 que podedes recoller ou reservar.