Abre o seu prazo de inscrición o último dos cursos de Mestria en compostaxe para este ano, con unha edición que se desenvolverá no sur de Galicia con prácticas no Plan Revitaliza da Diputacion de Pontevedra e nas instalacións de compostaxe comunitaria do concello de  Allariz.

Grazas ao programa Empleaverde da Fundación Biodiversidade do Ministerio para a Transición Ecolóxica co cofinanciamento do Fondo Social Europeo e a colaboración de entidades locais de Madrid: concellos del Boalo, Cerceda e Mataelpino, Manzanares el Real e Soto del Real, e de Galicia: Deputación de Pontevedra, concello de Carballo, A Coruña e Concello de Allariz (Ourense)

Este é o terceiro e último curso dos 3 cursos que se levaron a cabo en Galicia. Son cursos gratuítos destinados a persoas desempregadas, e sobre todo en persoas en situación especial de vulnerabilidade, tales como mulleres, persoas entre 35 e 45 anos, residentes en zonas rurais e/o áreas protexidas, persoas inmigrantes, persoas con diversidade funcional, etc.

Os cursos serán de 48 h ( 8 módulos x 4 horas en liña + 16 de prácticas presenciais), onde se abordará o ciclo completo de xestión da fracción orgánica dos residuos. O terceiro e último curso de Galicia, comezará o 21 de novembro e podes inscribirte nesta ligazón.

O prazo de inscrición remata o 15/11/2022 ás 14:00h.

O curso terá lugar entre o 21 de novembro e o 01 de decembro, sendo a parte teórica en liña e as prácticas presenciais en Pontevedra e Allariz.

Se che interesa saber máis sobre os cursos en Galicia escríbenos a este email residuos@amigasdaterra.net

Este proxecto foi aprobado pola Fundación Biodiversidade do Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico no marco do Programa Empleaverde, iniciativa para o impulso e a mellora do emprego, o emprendemento e o medio ambiente. Trátase de accións gratuítas cofinanciadas polo Fondo Social Europeo (FSE) para conseguir formación e un emprego de calidade.

“Acción gratuíta cofinanciada polo FSE”. “Conseguir formación e un emprego de calidade”.