As novas liñas do bus urbano, unha proposta pírrica que non cuestionará a primacía do coche nin contribuirá a facer de Ourense un lugar nin máis sustentable, nin pacificado, nin máis xusto.

Amigas da Terra súmase a preocupación expresada polo movemento veciñal e chama a mobilización cidadá ante a crise climática.

 

A proposta de liñas feitas dende o Concello é incompleta e polo tanto carecemos de información para facer propostas baseadas nesta información xa que non contempla elementos clave para a calidade do servizo como as frecuencias, a dixitalización, a acesibilidade universal, a substitución por vehículos eléctricos ou a tarificación entre moitas outras.

Esta proposta carece da participación necesaria dos colectivos sociais e veciñais da cidade, está incompleta ao atinguir exclusivamente aos itinerarios e a ningunha outra característica do servizo e é continuista ao non aspirar a que todos os barrios estén conectados no futuro coas frecuencias e liñas do que agora está mellor conectado e ignora tanto o PMUS como as conclusións do proceso participativo “Móvete por Ourense”.

Non faremos aportacións a proposta feita polo concello pero si temos 10 proposta para a mellora do servizo de transporte público en Ourense:

10 propostas para facer que o transporte público en Ourense ameace de verdade a primacía do vehiculo privado. Entendendo que este é o único camiño para unha cidade pacificada, máis xusta e sustentable.

1.- Alternativa ao coche: Centrado nos itinerarios máis frecuentes de entrada e saida da cidade e nos horarios punta de tráfico capaz de supoñer unha alternativa real ao coche.

2.- Coas periferias no centro: Autobus que de servizo aos barrios, é dicir, aos desplazamentos de máis de 2 km nos que o autobus é competitivo co choche. Con especial atención aos barrios nos que haxa moito desnivel.

3.- Frecuencias igualadas por enriba: A todos os destinos a mesma frecuencia que a mellor das frecuencias actuais, ousexa:15 mínutos.

4.- Axil: Paradas libres de coches, entrada e saida por todas as portas do vehículo. Sen colas, con tarxeta contacless ou smartphone.

5.- Dixitalizado: Información en tempo real da parada a través de GPS no meu smartphone.

6.- Gratuito: Gratuidade do transporte público as personas censadas en Ourense que o usen con regularidade.

7.- Accesibilidade universal: Autobuses con plataforma para persoas con mobilidade reducida ou nenas-os en carriño.

8.- Para o autobus sempre verde: Sincronización semafórica para que o autobus flua máis rápidamente.

9.- Eléctricos: Parque 100% eléctrico de autobuses.

10.- Un orzamento acorde a un servizo público clave na loita contra a crise climática é central para mellorar a calidade de vida na cidade.

Este conxunto de propostas baseanse na idea da “cidade a 15 minutos”: Todos os lugares habituais aos que calquera teña que chegar na cidade: Escola, traballo, comercio. Deberemos poder chegar en 15 minutos. Xa sexa a pe, en bicicleta ou en transporte público.

Para a súa implementación é preciso tamén unha forte campaña de educación ambiental destinada a promoción do uso do transporte público.

E por suposto a implementación de políticas complementarias que desincentiven o uso do vehículo privado e minimicen os desplazamentos innecesarios en coche dentro da cidade pero tamén nos seus barrios.