- O acordo entre a UE e o Mercosur aumentaría as emisións globais de Co2 en 11,5 millóns de toneladas ao ano e supoñería unha barreira para o cumprimento dos obxectivos climáticos de Europa segundo un informe publicado hoxe por Amigos da Terra.
- O incremento da agricultura e a gandería industrial, do cambio nos usos do chan e da deforestación son sinalados como tres dos principais motores do aumento de emisións que provocará o Tratado.
O Tratado comercial entre a Unión Europea e os países do Mercosur foi concibido como unha ferramenta para potenciar as prácticas de libre comercio entre os dous bloques. A estimulación do modelo agrícola baseado na exportación supoñerá a aceleración da destrución ambiental e a crise climática.
De acordo co Grupo Intergobernamental de Expertos sobre o Cambio Climático, o sistema alimentario mundial no seu conxunto é responsables de ata o 37% das emisións de gases de efecto invernadoiro en todo o planeta. Para limitar o quecemento a 1.5ºC, as emisións globais anuais deben reducirse de 49 xigatoneladas de CO2 a unhas 23 xigatoneladas en 2050. Se mantemos o actual modelo agrícola e gandeiro industrial, en 2050 este sector por si só emitirá 20 xigatoneladas, deixando tan só 3 para o resto da economía global.
“O Tratado UE-Mercosur supón unha ameaza para o cumprimento dos obxectivos climáticos de Europa. Quérese potenciar un modelo agrícola e gandeiro que ademais de acrecentar a crise climática, vai destruír hábitats únicos para convertelos en pasto e terras de cultivo, vai aumentar o uso de pesticidas tóxicos e vai a potenciar a deforestación. E todo para que? para conseguir carne barata” denunciou Andrés Muñoz, responsable de Soberanía Alimentaria de Amigos da Terra.
A deforestación é unha de as principais causas do cambio climático, xa que destrúe os tan imprescindibles sumidoiros de carbono. O informe pon de manifesto que entre o 11 e o 39 por cento das emisións globais de carbono son consecuencia do cambio no uso da terra.
“Os tratados de libre comercio potencian a presión sobre o chan e o cambio nos seus usos. As consecuencias son devastadoras para os ecosistemas, pero tamén para as persoas”. declarou Muñoz Rico. “Este tratado non lle vén ben a ninguén, excepto ás grandes corporacións. A agricultura industrial xa está prexudicando ás persoas produtoras a pequena escala e ás comunidades indíxenas e está demostrado que estes acordos comerciais intensifican a violencia cara ás persoas que se dedican á agricultura a pequena escala, as persoas traballadoras agrícolas e os pobos indíxenas. As persoas defensoras do medio ambiente en maior risco son quen traballan en temas agrícolas”.
Para falar dos impactos deste Acordo comercial, o venres 26 de febreiro, Amigos de la Tierra, xunto a Entrepueblos organizou o encontro Tratado UE-Mercorsur: impactos climáticos, nos dereitos humanos e a soberanía alimentaria inaugurado por Gabriel Castañares, director xeral de Políticas Palanca da Secretaría de Estado para a Axenda 2030 e que contará coa participación da Coordinadora de ONGD de España, o Observatorio de Multinacionais de América Latina, e o director de Xustiza Global e Cooperación do Concello de Barcelona. O evento será retransmitido polas redes sociais de Amigos de la Tierra.

Enfrontémonos ao cambio climático, deixemos de negociar con negacionistas
Nun contexto de urxencia climática na que os seus impactos fanse cada día máis tanxibles nos incendios da Amazonía, as tormentas devastadoras de Centroamérica e os cambios continuos nos patróns climáticos que empuxan a millóns de persoas á migración e o fame, a Unión Europea e os países do Mercosur (Brasil, Arxentina, Paraguai e Uruguai), negocian un tratado cuxas consecuencias non farán senón exacerbar a xa catastrófica situación.
Amigos da Terra lanza un novo informe para profundar nas catro principais razóns polas que o Acordo entre a UE e o Mercosur debe ser inmediatamente detido. A súa incompatibilidade co Acordo de París, o seu potencial para agravar a desigualdade e intensificar as violacións de dereitos humanos e o perigo que supón para a nosa alimentación a apertura a novos tóxicos son os catro eixes crave dun documento que fai patente a necesidade de parar este tratado.
Os parlamentos dalgúns países como Austria, Bélxica, Irlanda e Países Baixos xa mostraron as súas críticas ao acordo pero as negociacións continúan. É hora de asegurarse de que o Parlamento Europeo vota a favor das persoas e o Planeta e abandona o acordo comercial UE-Mercosur.
