O informe “Gandería e a súa contribución ao cambio climático” elaborado por Amigos da Terra en colaboración co Centro Vasco para o Cambio Climático ( BC3) achega unha perspectiva nova no debate sobre o impacto da gandería na emerxencia climática. O informe detalla como os sistemas que actualmente se utilizan para a medición de Gases de Efecto Invernadoiro ( GEI) causantes do quecemento global presentan unhas deficiencias metodolóxicas que non permiten coñecer a contribución total da gandería no cambio climático nin discernir a contribución en entre os distintos modelos de gandería existentes. Convidámosche a reflexionar con este informe sobre a relación entre a gandería e o cambio climático rompendo así o estigma que a gandería recibiu nos últimos anos.
By Angel Dorrío|2020-10-16T09:53:41+02:0016 de Outubro, 2020|Novas de Agricultura e Alimentación|Comentarios desactivados en Gandería e Cambio climático
About the Author: Angel Dorrío
Somos unha asociación ecoloxista que ten como misión o fomento do cambio local e global cara a unha sociedade máis respectuosa co medio ambiente, xusta e solidaria.