As compañeiras Censat Agua Viva (Amigos da Terra de Colombia) pídennos unha acción de solidariedade para frear o asasinato de activistas.
O pobo colombiano está sufrindo unha situación particularmente difícil, debido no só á pandemia, senón polo incremento da violencia e asasinato de defensoras e defensores ambientais e dos dereitos humanos.
Ante o incremento das medidas de militarización, que incrementan o risco, consideramos urxente adiantar accións para que se deteñan os asasinatos e se garanta efectivamente a vida das persoas no país.
ACTÚA!
Envía por email unha carta ás autoridades. Como?
1. Copia o texto da carta que atoparás no documento de drive, no corpo do correo
2. Engade nos destinatarios as direccións de correo que atoparás no documento
A carta e as direccións de email aquí: https://drive.google.com/…/1a6C4lXVmxOHx8yeP1M-k-CuQ5…/view…