Cando fagas a túa declaración da renda podes marcar a cela correspondente a “outros fins de interese social”, deste xeito estarás contribuíndo co 0,7% dos teus impostos a que ese diñeiro vaia destinado a programas de entidades sociais, ecoloxistas e ONGD, como Amigos da Terra.
Con este simple xesto, que non costa nada, estarás axudando a que se financien proxectos das ONGD, e cantos máis cidadáns marquen esta cela na súa declaración poderanse levar a cabo un maior número de proxectos sociais que poidan axudar a moitas máis persoas.

Ti podes elixir e decidir para onde van os teus impostos!
Para mais información da campaña podedes consultar:
