A Asociación para a defensa do Patrimonio Cultural Galego leva meses denunciando e advertindo publicamente (xa o fixo tamén a nivel formal) das desastrosas consecuencias da innecesaria ampliación lateral prevista para a estrada LU-231 Friol-Palas
Dende Amigos da Terra compartimos a evidencia da alarmante situación e apoiamos a iniciativa desta entidade coa que está intentando evitar o arrasamento de centos de árbores autóctonas en plena Reserva da Biosfera, e o derribe de quilómetros de muros de pedra, “a xunta seca”, Patrimonio da Humanidade.
Socias de Amigos da Terra e vecindade dos lugares puideron observar estes días con estupor e impotencia os inicios das cortas. Compartimos o seu sentir e animámosvos a asinar a petición para a paralización das obras
Din que non falan as plantas
Insensibilidade, ignorancia, vergoña, dor… é o que parece berrar a paisaxe da estrada Palas – Friol logo do inicio dunha agresiva intervención para solventar a, moi cuestionable, necesidade de ampliación.
Dicen que no hablan las plantas, ni las fuentes, ni los pájaros,
Ni el onda con sus rumores, ni con su brillo los astros,
Lo dicen, pero no es cierto, pues siempre cuando yo paso,
De mí murmuran y exclaman:
Ahí va la loca soñando (…)
E tanto que falan!… só pensando que a xente está tola podería comprenderse o sucedido.
Entre os actos e actividades organizados e financiados pola Xunta de Galicia no 183º aniversario do nacemento de Rosalía de Castro, quizias faltou un, probablemente o máis importante, un específicamente destinado para os cargos directivos da Administración pública.
Faltou unha lectura a viva voz da obra de Rosalía de Castro coa que empaparse do seu gusto e respecto polos bosques, da súa querencia polas paisaxes, do seu profundo amor pola terra que a viu nacer que agora…
(…) ¡todo por tierra y asolado todo!
Ya ni abrigo, ni sombra, ni frescura;
los pájaros huidos y espantados
al ver deshecha su morada; el viento
gimiendo desabrido, como gime
en las desiertas lomas donde sólo
áridos riscos a su paso encuentra (…)
Se Rosalía levantase a cabeza…