As organizacións ecoloxistas (Amigos da Terra, Ecoloxistas en Acción, Greenpeace, SEO/BirdLife e WWF) reunímonos co presidente en funcións Pedro Sánchez e a ministra de Transición Ecolóxica en funcións, Teresa Ribeira.
Quixemos transmitirlles a necesidade de contar canto antes cun Goberno que permita abordar a emerxencia social derivada da crise climática e de biodiversidade.
A transición ecolóxica debe ser unha cuestión de coherencia de goberno que vaia máis a aló da carteira que ten as competencias. Para iso, é necesario o cumprimento e a mellora da normativa ambiental que require dun marco financeiro e político estable.
As entidades ecoloxistas destacamos que esta mensaxe está dirixido a todo o arco parlamentario. As políticas ambientais deben ser unha política de Estado, porque España está a xogarse actualmente a súa prosperidade económica e a calidade de vida da súa cidadanía para os próximos anos.
A urxencia vén determinada porque queda menos dunha década para actuar: España sécase, desertifícase, baléirase e se empobrece. As políticas ambientais son garantía de calidade de vida e benestar.
Ante esta crise ambiental planetaria, as organizacións tamén pedimos a Sánchez e a Ribeira liderado a nivel europeo e internacional.
Tanto Sánchez como Ribeira reiteraron a súa intención de que a transición ecolóxica sexa unha prioridade se finalmente forman goberno. Ante iso, as organizacións pedímoslles concreción:
- Recursos financeiros e humanos acordes á urxencia e ambición necesarias para atallar a crise climática e a perda de biodiversidade.
- Coherencia en todas as políticas de goberno; nese sentido, a política agraria é básica para a protección da biodiversidade e é decisiva a forma en que producimos e consumimos alimentos.
- Lei de cambio climático máis ambiciosa e urxente.
- Fiscalidade ambiental para que a transición sexa xusta.
- Medidas específicas para a protección da biodiversidade e de xestión da auga.
- Transición ecolóxica como oportunidade de xeración de emprego.