A incineración é unha estafa, supón unha grave ameaza para a saude pública, contribúe ao cambio climático e destrue emprego”, declaramos máis de cincuenta plataformas asinantes do manifesto que vimos de asinar “Declaración de Ponferrada contra a incineración e polo Residuo Cero”.
A declaración de Ponferrada é o resultado da oitava reunión da Coordinadora Estatal das plataformas contra a incineración de residuos, realizada recentemente na cidade de Ponferrada por unha vintena de grupos, aos que xa se engadiron e continúan a se engadir plataformas, xuntando máis de 50 entidades ecoloxistas e veciñais de todo o estado que “trasladamos as nosas ideas e demandas ao Ministerio de Transición Ecolóxica, ás outras administracións interesadas, á Fiscalíal especial de Medio Ambiente e a toda a sociedade”.
reparables, reutilizables e/ou reciclables, e aqueloutros que conteñan substancias tóxicas, para que sexan substituídos e redeseñados a través do uso da intelixencia colectiva na nosa sociedade.
Ler a Declaración de Ponferrada
Asinan a declaración plataformas de Alsasua, Benahadux e Carboneras (Almería), Montcada i Reixac, Madrid, Sant Feliu de Llobregat, Barcelona, Bierzo, Asturias, Galicia, Bizkaia, Gipuzkoa, Sta. Margarida i Els Monjos, Buñol, La Garriga, o Alcores (Sevilla), Cordoba, Niebla (Huelva), Morata de Tajuña e Mora (Toledo), Campo de Xibraltar e Baía de Alxeciras, entre outros, así como grupos Alternativamente Verde AsturiasEQUO, Amigos da Terra, ADEGA, Ecologistas en Acción, Gaia, La Olla del Bierzo, Plataforma para a Defensa da Cordilleira Cantábrica, Rede Decrecemento e Tyto Alba.