No Día de Acción Global os grupos de Amigos da Terra unímonos en todo o mundo por segundo ano consecutivo nunha acción global para reclamar xustiza climática e enerxética, o fin de semana do 6 de outubro.

 

Este ano convidámoste a moverte ao ritmo da Terra!

 

Este ano participamos na Mostra do Posible que se celebrará o 6 e 7 de outubro en Cangas. Concretamente o domingo temos dúas actividades,  onde as alternativas para loitar pola xustiza climática serán as protagonistas, un momento inspirador no que esperamos que nos acompañes.

Pola mañá, as 13 horas contaremos con música en vivo e presentaremos a publicación, “Sinfonía para o cambio”, que contou coa participación de máis de 30 persoas que día a día loitan para favorecer a transición cara a unha sociedade onde as persoas e o planeta están no centro das políticas.

Pola tarde, as 16 horas participaremos xunto con outros colectivos nunha palestra para falar sobre alianzas e autoorganización ante os lumes.

 

Convidámoste a coñecer estas pequenas historias de heroes e heroínas coas que atopar inspiración e sumarte ao cambio. Con prólogo de Joaquín Araujo, nesta publiación de ámbito nacional dende Galicia aportamos as testemuñas de Isabel Vilalba do Sindicato Labrego Galego, Pura Seoane de Hortasán, Anxos, Chusa, Carmela, María e Marta compoñentes da  Cooperativa Aires da Ulloa, Xosé Tubio e Julio Bralo da MVMC de Contimundi, Cubela e Rois,Víctor Barro que nos trouxo a historia de Juan José Ramírez e Bonerge Lovo de El Salvador, Yolidia Hernández activista social  protagonista dun dos proyectos de cooperación internacional en Nicaragua, un fermoso debuxo de Esperanza Castro así como as reflexións sobre activismo antes os incendios forestais.

 

“Sinfonía para el cambio” e a palestra  son as nosas formas de demostrar que as alternativas xa están en marcha que hai moitas persoas que favorecen un modelo local, xusto e a pequena escala que reduce o impacto da actividade humana no clima.

 

Únete e forma parte deste movemento mundial que loita xunto ás comunidades para transformar o modelo actual, con solucións reais. Queremos demostrar que cando loitamos junt@s somos máis fortes.

 

Queres coñecer historias e testemuños de persoas que xa apostan polo cambio?

 

Ven ao Día de Acción Amigos da Terra! Únete ao cambio!

 

Domingo, 7 de outubro
Mostra do Posible na Alameda Nova, Cangas

  • 13:00 h Presentación publicación “Sinfonía para el Cambio” e actuación de Juan Aire
  • 16:00 h “Alianzas e autoorganización ante os lumes”

 

Si non podes desprazarte e queres coñecer “Sinfonía para el cambio”; facéndote socia de Amigas da Terra e axudándonos na nosa misión, enviámosche un exemplar. Non te quedes sen el!