O Concello de O Grove e a Deputación de Pontevedra, xunto con  Amigos da Terra, poñen en marcha no municipio, un ambicioso programa de compostaxe dirixido as de todo o municipio. Unha aposta firme e decidida por mellorar o modelo de xestión dos residuos no municipio.

A preocupación do Concello polo aumento progresivo da cantidade de residuos, os problemas derivados do actual modelo de xestión e a necesidade de atopar unha alternativa a esta situación, foron os motivos principais que fixeron poñer en marcha xa hai máis de 6 anos un programa de comspostaxe doméstica que ano a ano foi sumando familias.

Agora, o Concello da un paso máis e co apoio do Plan Revitaliza da Deputación de Pontevedra e o traballo organización ambientalista Amigos da Terra, pretende chegar a todas as familias do Municipio dispostas a formar parte, sen límite de participación.

As 70 primeiras familias que comezan estas semanas, sumanse ás máis de 200 que xa están compostando e as outras iniciativas que forman parte dun programa moito máis amplo que inclúe además da compostaxe doméstica, a comunitaria en edificios municipais, hosteleiros e a moitos outros axentes do Municipio.

Esta tarde ás 20.00h na sala das cunchas no Concello e os vindeiros venres, terán lugar as formacións que capacitarán a estas familias na compostaxe dos seus residuos domésticos en fogares. O requisito para participar é o de habitar unha vivenda unifamiliar do Municipio con parcela anexa, e estar disposto a formar parte do programa.

Todas as familias que o desexen ainda están a tempo de sumarse, anotándose no Concello e en vindeiras semanas recibirán gratuitamente un composteiro, formación e un seguemento técnico persoalizado a domicilio, por parte dos técnicos de Amigos da Terra.

Durante este ano traballarase intensamente co obxectivo de reducir os residuos producidos no concello, xestionando toda a materia orgánica posible a través da compostaxe, obtendo un compost de calidade, e concienciando á cidadanía da problemática asociada aos residuos.