A Asociación de Xóvenes Empresarios (AJE) de Ourense entregou onte, na Praza de Abastos de A Ponte de Ourense, os seus premios anuais, e tivo a ben condérnolo na categoría de compromiso social a nosa asociación Amigos da Terra o que constitúe unha gran honra para todas as persoas que a integramos.

Este ano o premio foinos concedido en razón ao noso compromiso social, ecoloxista e a labor realizada na conservación dos bosques e o coidado do patrimonio natural na provincia de Ourense.

O premio foi recollido polo noso compañeiro, Víctor Barro, secretario de Amigos da Terra e Presidente de Amigos de la Tierra, da man do vicepresidente de AJE Ourense, César González.

Dende Amigos da Terra queremos compartilo con todas aquelas persoas que ao longo destes anos, co seu traballo voluntario e seu apoio, fan posible desenvolver a nosas actividades de protección e conservación do noso patrimonio ambiental.