Estes días celébranse os magostos en Ourense, e é unha data especialmente delicada para os espazos naturais porque centos de envases de bebidas acaban sendo abandoados en lugar de ir a parar aos contedores de reciclaxe para poder continuar a súa vida útil.
Unha festa tan tradicional da nosa terra, acaba deteriorándoa e convertenda nun vertedoiro.
Por isto, este ano estaremos nos Magostos e nas rúas, dando a coñecer a iniciativa do SDDR (sistemas de devolucion, deposito e retorno) o chamado “devolver o casco” de toda a vida, cun punto de devolución de envases no que toda a xente que vaia a celebrar os magostos pode levar os seus envases de bebida valeiros e nós devolverémoslle un depśito de 10 céntimos por envase devolto.
Deste xeito aseguraremos que os nosos espazos naturais queden limpos e que todos esos centos de envases continúen a súa vida útil.

Porque para avanzar cara a sociedade do residuo cero e da tan desexada economía circular, un dos puntos clave é a recollida selectiva dos residuos para unha reciclaxe de calidade. Unha solución moi sinxela que permite separar uns materiais de outros para posteriormente convertilos en novos recursos a través dun sistema de reutilización e reciclaxe.
Esta é a principal demanda das organizacións abientalistas como a nosa, que consideramos os sistemas actuais, ademais de contaminantes, un desperdicio de recursos naturais nun contexto de escasez dos mesmos.
Para isto, contaremos cun grupo de persoas voluntarias que estarán percorrendo todos os magostos da cidade para dar a coñecer a iniciativa e contribuindo á recuperación de miles de envases que deste xeito retornán as canles de xestión, pasando a ser materias primas para novos produtos.
Esta campaña, é unha chamada a implicación colectiva, para poñer en marcha solucións eficaces e facer dos nosos magostos, festas sustentables nas que o medio ambiente tamén saia gañando.

Esta mañá presentamos a campaña en colaboración co Concello de Ourense, que participa a través da súa Concellería de Voluntariado.
