Amigos da Terra está levando a cabo un proxecto de promoción do Servizo Voluntario Europeo (SVE) que remata cunha xornada de intercambio de experiencias en torno a este voluntariado, que pode ser de interese tanto para ás mozas e mozos, organizacións que queiran traballar con voluntariado (asociacións xuvenís, culturais ou de veciños, centros de ensino, concellos, fundacións ou ONG) así como técnicos de emprego e xuventude municipais.
A través deste programa persoas menores de 30 anos poden traballar en máis de 20 países de Europa por un período que pode ir de 2 a 12 meses, colaborando a tempo completo en diversos proxectos que poden ser de carácter social (infancia, xuventude, persoas maiores), tecnolóxico, deportivo, artístico, cultural, vinculados ao patrimonio ou medio ambiente entre outros. Así para as mozas e mozos, non só se trata de vivir unha experiencia persoal única se non que no contexto actual de paro xuvenil increméntase as súas probabilidades de encontrar emprego.
10:15 Presentación da xornada
10:30 Que é o servizo de voluntariado europeo?
Requisitos de participación, duración, actividades, financiamento, etc… Angel Dorrio, técnico de Amigos da Terra
11:30 Experiencias de voluntariado nas organizacións
Proxectos que desenvolven con voluntariado europeo distintas asociacións. Sustinea (Asociación medio ambiental), OMIX Concello de Ribadavia, Amencer (Asociación Xuvenil)
12:30 Vivencias de voluntariado en España e no extranxeiro
Ana Méndes (Portugal), Réka Patócs (Hungría), Jana Núñez (España)
14:00 Petiscos
A xornada é de balde pero é necesaria a inscrición previa no correo voluntariado.galicia@amigasdaterra.net.
