Nesta semana, o Concello de Vigo facía públicos os seus datos dun crecemento sólido e progresivo da produción de residuos, como sinónimo da recuperación económica da cidade.
Dende Amigos da Terra queremos alertar de que un crecemento da cantidade de residuos producido nunha cidade nunca é unha boa nova nin motivo de celebración, pois vai na dirección oposta da xa imprescindible economía circular e incumpre os obxectivos da Directiva Marco de residuos, que prioriza a redución como primeira acción na pirámide de xestión e esixe a reciclaxe do 50% de cada unha das fraccións para o 2020.
Dende Amigos da Terra levamos máis de dez anos denunciando os problemas derivados da sociedade de consumo no referente á xeración de residuos, promovendo alternativas á súa xestión, que pasan, sen dúbida, por un cambio de dimensións estratéxicas nas politicas públicas, pero tamén por un cambio nos hábitos cotiás de galegos e galegas. A cidade de Vigo, sendo a maior productora de residuos da comunidade, debería ser o exemplo e liderar ese cambio extratéxico.
A raiz do problema reside na promoción dun modelo de crecemento baseado no sobreconsumo. Na nosa sociedade do “usar e tirar” o incremento dos residuos é proporcional ao crecemento da riqueza. A sobreembalaxe dos productos , a reducción da súa vida útil, o aumento da poboación e a perigosa relación entre riqueza e producción de residuos deixan un panorama pouco alentador. (Grafica 1)
Pero cal é de verdade a gravedade destas cifras?
Que estamos enviando a queimar miles de toneladas de recursos naturais , que a diario viaxan por toda Galicia para ser eliminados na Planta de sogama, sendo a cidade de Vigo a principal suministradora de residuos a este plan de xestión insostible.
Recursos naturais valiosos, escasos, maioritariamente importados, con serios problemas medioambientais e sociais asociados á súa extracción ou obtención.
Toneladas de materia orgánica que poderían pasar a formar parte dos solos galegos, tan necesitados dela, en lugar de percorrer centos de kilómetros para ser eliminada cun tremendo coste enerxético.
Ademáis, non esquezamos que, para cumprir cos obxectivos da Directiva Europea é urxente recoller separadamente á materia orgánica, que actualmente vai mezclada coa fracción resto e cada unha das outras fraccións , reciclando como minimo o 50%.
É imprescindible apostar por alternativas máis eficaces na xestión dos residuos. A redución en primiero lugar debe ser posta en valor e considerada como un sinónimo de sociedade avanzada, capaz de facer un consumo eficiente dos recursos.
Unha separación selectiva de calidade dos materiais recollidos, destinados á preparación para a reutilización, seguida da reciclaxe material. A materia orgánica separada en orixe pódese compostar e así o obriga a Directiva Europea de residuos.
A incineración e o vertido, que agora opcupan os primeiros postos da xestión de residuos escollida por moitos concellos galegos, deberán ser opcions marxinais e en decrecemento, para poder acadar unha economía circular baseada na eficiencia do uso dos recursos naturais, tal e como plantea a Unión Europea na súa folla de Ruta por unha Europa eficiente no uso de recursos naturais.