Amigos da Terra participa no programa Galeuropa , que é un programa de mobilidade transnacional xuvenil, como entidade sen animo de lucro beneficiaria dunha axuda no que poderán participar 12 mozos e mozas menores de 30 anos para a realización de prácticas formativas non retribuídas en empresas/entidades públicas ou privadas de Chipre, Italia e Portugal.
Os obxectivos xerais deste proxecto son:
– incrementar as posibilidades de inserción laboral para a mocidade
– complementar a competencia profesional e persoal
– adquirir competencias en idiomas estranxeiros e reducir os obstáculos lingüísticos
– fomentar a autonomía persoal
Duración das prácticas formativas: 3 meses consecutivos. Dende 1 de Setembro e rematando en todo caso o 30 de novembro. Mínimo de 100 horas mensuais.
A Dirección Xeral de Xuventude financia os gastos de viaxe e transporte, aloxamento, e manutención deixando unha partida tamén para a formación na lingua nativa do pais que se visita.
Requisitos
As persoas destinatarias das mobilidades deberán cumprir os requisitos esixidos no Sistema nacional de garantía xuvenil, coma o de estar inscritos/as no ficheiro do Sistema nacional de garantía xuvenil no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia.
Para incribirte coa nosa entidade podedes cubrir o seguinte formulario >>>
ULTIMAS PRAZAS LIBRES: Portugal 1 praza en Lisboa,
Italia (Completo), Chipre (Completo)
Máis información en: info@amigasdaterra.net galeuropa@amigasdaterra.net ou no número de teléfono 988374318