As ONGDs da cidade de Vigo integradas na Rede Social Galicia Sur e na Coordinadora Galega de ONGD inician unha campaña de defensa da política de cooperación ao desenvolvemento e animan a todas ONGD galegas a sumarse.
O contexto
Os dous últimos anos, o Concello de Vigo deixou sen executar os fondos destinados a proxectos de cooperación internacional no exterior. En total, 115.000 € (53.000 € de 2015; 65.000 € de 2016).
Este ano 2017 segue polo mesmo camiño. Hoxe, 45.000 € seguen sen plan de gasto e todo indica que quedarán, de novo, sen executar.
Que podedes facer?
Apartir do 18 de maio, unirvos á campaña en redes sociais. Coas etiquetas #CooperaciónEsquecida e #VigoNonCoopera, lanzaremos mensaxes e materiais gráficos que dean coñecer a problemática.
Retuitea, comparte e apoia a campaña para que chegue ao maior número de persoas posible. Séguenos:
Rede Social Galicia Sur en Twitter e Facebook
Máis info no blog da Rede Social Galicia Sur.
Proximamente anunciaremos as seguintes accións, e crearemos un manifesto para recoller o apoio da cidadanía viguesa a esta campaña.

As nosas demandas
A cooperación ao desenvolvemento é unha política pública fundamental para loitar contra pobreza e as desigualdades. O benestar e o desenvolvemento dos pobos están interrelacionados: os esforzos no ámbito local teñen repercusión a escala global, e viceversa. Por isto, os gobernos locais teñen unha obriga ética ineludible de contribuír á construción dun mundo máis xusto.
Sentimos que a política de cooperación local é a gran esquecida na política municipal viguesa e temos que denuncialo. Se hai vontade política, aínda estamos a tempo de enderezar o rumbo. É por iso que demandamos:
- Que se execute o 100% do orzamento aprobado para AOD.
- Que se aprobe unha convocatoria pública de subvencións para proxectos de cooperación internacional
- Que se valore o traballo e a participación das ONG no Consello Municipal de Cooperación atendendo as peticións e recomendacións deste órgano consultivo.
E que, seguindo a recomendación da FEMP, se incremente significativamente o esforzo en cooperación internacional ata destinar o 0,7% do orzamento a AOD (actualmente o Concello de Vigo destina o 0,01%)
Axúdanos a levantar a voz!
Únete na defensa desta política pública!