Decenas de asociacións e colectivo convocamos hoxe 8 de marzo un Paro Internacional de Mulleres, un día de mobilizacións para loitar contra a violencia de xénero e o machismo en todas as súas expresións. Dende Amigos da Terra, participaremos do paro laboral e de consumo e chamaos á cidadanía a sumarse a esta convocatoria.

A poucos días do aniversario do asasinato de Berta Cáceres é necesario destacar á defensora ambiental como símobolo de liota da muller, como activista e indíxena. Unha muller que alzou a súa voz en defensa das mulleres e as terras das comunidades locais. Berta demostrounos que non esistirá a xustiza ambiental se non finalizan todas as formas de violencia contra a muller.

A violencia seguese utilizando como ferramenta para controlar a vida das mulleres e o traballo, do mesmo xeito que se utiliza para controlar os territorios da comunidade e os bens comuns.

A acumulacion de bens económicos en mans dunhas poucas élites, nunha época de multiples crises:economica, social, ambiental, é posible gracias á opresión e dominación da natureza e do traballo da xente.

Denunciamos a constante violación de dereitos e a persistente falta de xustiza.

Denunciamos os ataques constantes contra as mulleres, os pobos indíxenas, os movementos sociais e as comunidades locais de todo o mundo.

A pesar desta represión, as mulleres opoñen resistencia ao dominio patriarcal dos seus corpos,vidas e sexualidade e loitan como suxeitos políticos para reivindicar os dereitos dos pobos e as mulleres a defender os seus medios de sustento. As mulleres construen solidaridade, loitando colectivamente pola autonomía e recosntruindo relacións de recirpocidade entre os seus pobos e o medio ambiente.

Amigos da Terra, como organización coprometida pola xustiza ambiental, social, económica e de xénero, esixe xustiza para Berta e as tantas mulleres que foron asasinadas por defender os seus medios de sustento e o medioambiente. Denunciamos a constante violación de dereitos e a persistente falta de xustiza, e traballamos e facemos campaña para que cese la impunidade.

Na nosa Asamblea Xeral Bienal de 2016, Amigos da Terra Internacional comprometeuse a traballar polo desmantelamento do patriarcado. Cremos que isto é clave para lograr o cambio do sistema.

Loitaremos contra a explotación do traballo produtivo e reprodutivo das mulleres, e contra todas as formas de violencia contra as mulleres que se usan para controlar as súas vidas, corpos e traballo.

Hoxe 8 de marzo, Amigos da Terra súmase ás mobilizacións convocadas polas nosas aliadas estratéxicas, a Marcha Mundial das Mulleres , para denunciar aos responsables da violencia contra as mulleres e as nosas comunidades.