O éxito da primeria experiencia fixo que o concello decidira ampliar o programa a 20 novas familias do municipio que a partir de este xoves xestionarán os residuos dos seus fogares a través da compostaxe.

A preocupación do Concello de Fisterra polo crecente aumento de toneladas de residuos orgánicos nos vertedoiros, levou ao mesmo hai dous anos a plantexar esta iniciativa de compostaxe, ou proceso de descomposición da materia orgánica, de xeito controlado.

Despois do éxito da primeira experiencia, esta semana suma 20 novas familias a esta práctica, dan man da organización ambientalista Amigos da Terra, con mási de 14 anos de experiencia nestes proxectos, e a colaboración da empresa xestora de residuos municipais, Grupo Soil.
O programa de compostaxe, que durará 8 meses, arranca hoxe coa fase formativa dirixida a todas as familias participantes. Dende agora e durante este ano, as técnicas de Amigos da Terra visitarán cada unha das  familias participantes,  co fin de facer un seguemento riguroso do proceso, ó longo destes oito meses e garantir a redución de residuos e a obtención de un compost de calidade.
“Coa compostaxe estaremos reducindo nun 50% a cantidade de residuos enviadas ó contedor xenérico, producindo un importante aforro municipal, ademáis de obter un producto de calidade para os solos galegos”,  declara María Durán, Responsable da área de recursos naturais e residuos de Amigos da Terra.
O único requisito para formar parte deste programa é, ser veciño/a do Fisterra, ter un pequeno xardín ou horta e estar disposto  e motivado a formar parte deste proxecto educativo e formativo.