Desde a campaña NON ao TTIP, CETA, TiSA convocamos un día de mobilizacións en todo o territorio o 21 de xaneiro, día en que tamén se celebrarán manifestacións en toda Europa; para mostrar o noso rotundo rexeitamento ao CETA, o acordo comercial entre a UE e Canadá. A través destas accións esiximos ao Parlamento Europeo, ao Parlamento canadense e aos parlamentos nacionais, provinciais e rexionais, que teñen voz e voto no proceso de ratificación, a defender os dereitos e os intereses das poboacións que representan contra as ameazas que implica o CETA, votando en contra da ratificación do tratado.
O Tratado Económico e Comercial entre a Unión Europea e Canadá, (CETA polas súas siglas en inglés), e tamén coñecido como o ”TTIP canadense”, polas súas similitudes con ese acordo, atópase na fase final do seu proceso de ratificación.
O CETA estivo a piques de quedar bloqueado no Consello Europeo pola negativa do Parlamento da rexión belga de Valonia a dar o visto e prace á súa aprobación, pero finalmente as numerosas presións internacionais forzaron aos belgas a aceptar o tratado.
O próximo 24 de xaneiro o CETA será votado na Comisión de Comercio Internacional (INTA) do Parlamento Europeo; a Campaña NON ao TTIP, CETA, TiSA, así como moitas outras campañas europeas, convoca mobilizacións en todo o territorio o día 21 de xaneiro para incidir sobre a votación do Tratado en febreiro.
Sae á rúa para dicir que estás contra o CETA!
Na seguinte fase do proceso, a última antes da súa aplicación provisional, o acordo na súa totalidade (sen posibilidade de engadir emendas) será votado no pleno do Parlamento Europeo,nos primeiros días de febreiro. En caso de ser ratificado, amplas seccións do tratado comezarían a aplicarse provisionalmente, de forma previa á ratificación final por parte dos distintos parlamentos nacionais.
O CETA foi cuestionado por amplos sectores da sociedade civil, tanto na Unión Europea como en Canadá por non ofrecer garantías respecto da protección do medio ambiente e os dereitos fundamentais das persoas. Na Unión Europea, máis de 3,5 millóns de persoas asinaron unha petición en contra do CETA e o seu tratado xemelgo, o TTIP, que negocian Estados Unidos e a Unión Europea.
A pesar de que varios anexos e “declaracións interpretativas” foron engadidas ao CETA a posteriori para tratar de sumar apoios, estes textos non modifican substancialmente o acordo, que continúa presentando numerosos problemas.
Que pasará si apróbase o CETA?
- O CETA autorizaría a miles de corporacións a demandar aos gobernos por adoptar medidas lexítimas e non discriminatorias para a protección da poboación e do planeta a través dun sistema de resolución de conflitos investidor-estado (ICS) de acceso exclusivo aos investidores estranxeiros. Un auténtico sistema legal paralelo ao que as corporacións poden acudir para defender os seus dereitos eludindo os tribunais existentes, e ao que nin as organizacións da sociedade civil nin as empresas nacionais teñen acceso.
- Nun neto contraste cos dereitos das corporacións, as provisións do CETA en canto a dereitos laborais e desenvolvemento sustentable non poden ser efectivamente reforzadas mediante sancións e quedan en declaracións ocas que non equilibran outros capítulos do tratado que afectan os dereitos dos traballadores ou a protección do ambiente.
- O CETA limita seriamente a capacidade dos gobernos para crear, expandir e regular os servizos públicos e para reverter liberalizacións e privatizacións fracasadas.
- O CETA fai que Canadá e a Unión Europea sexan máis vulnerables ás crises financeiras posto que se producirá unha maior liberalización dos mercados financeiros.
- Un estudo independente dos impactos económicos do CETA predí que se perderán postos de traballo tanto na Unión Europea como en Canadá, e que os pequenos beneficios do tratado serán fundamentalmente para os donos do capital, co consecuente aumento da desigualdade.
- O CETA podería aumentar o custo das prescricións de medicamentos e impactaría negativamente en dereitos fundamentais como o dereito á privacidade e á protección de datos. Tamén limitaría a capacidade tanto da Unión Europea como de Canadá de actuar contra patentes excesivas.
- As normas do CETA en canto a cooperación reguladora e ás regulacións nacionais porán obstáculos adicionais ás regulacións e reforzarán o papel dos lobbistas corporativos nos procesos de elaboración das políticas, socavando potencialmente a adopción de políticas de interese publico.
- En ambos os lados do Atlántico, o CETA exporía aos agricultores a unhas presións competitivas que minarían o seu modo de vida,obstruiría as políticas de compra pública de alimentos locais, e ameazaría os estándares de produción e procesamiento de alimentos, facendo imposible o desenvolvemento dunha agricultura sustentable.
- As medidas de precaución para protexer aos consumidores, á saúde pública e ao medio ambiente poden ser postas en cuestión polo CETA, xa que nin no texto nin nas declaracións anexas protéxese explicitamente o do principio de precaución na política regulatoria europea.
Mobilizacións contra o CETA por todo o territorio, segue esta ligazón (tamén hai outros eventos complementarios en datas previas)