Mañá xoves da comezo o 6º seminario de Composta en Rede en Pontevedra. Un espazo de encontro de municipios e entidades pola compostaxe que se xuntan para dar a coñecer diversas experiencias exitosas a todos os niveis de complexidade.
Ademais de achegarnos a distintos temas foise profundando en distintos aspectos da compostaxe doméstica e comunitaria.  Este sexto seminario centrarase nos seguintes temas:

– Experiencias integrais de xestión de residuos orgánicos a través da compostaxe.
-A pegada de carbono que producen os residuos orgánicos ao viaxar.
– Avances na investigación do os procesos e proxectos de compostaxe doméstica e comunitaria.

Lugar: Pazo da Cultura do concello de Pontevedra, Rúa Alexandre Bóveda s/n, 36005 Pontevedra

Datas: 20 e 21 de outubro

Destinatarios/as: Responsables e técnicos/as de entidades locais, asociacións ou empresas ligadas á compostaxe doméstica e comunitaria. Estudantes.

Inscrición: De balde. Prazas limitadas ao aforo do salón de actos e do autobús nas visitas técnicas.
Imprescindíble inscribirse: Formulario de inscrición

Poderase reservar o xantar para o día 20 e o custo será de 15€+IVE que haberá que abonar ao longo da mañá na secretaría do seminario.

 

Enlace ao programa da xornada