Unha investigación mostra o conflito ambiental e social, así como a vulneración múltiple e sistemática de dereitos humanos, xerados pola industria hidroeléctrica en Guatemala. Levada a cabo polos investigadores Antonio Rodríguez Carmona e Elena de Luís Romeu, lanzouse onte publicamente en Guatemala. Este documento conta co apoio de organizacións da sociedade civil, como o Observatorio de Multinacionais en América Latina-Paz con Dignidade, Amigos da Terra, Mulleres de Guatemala, Comisión de Dereitos Humanos Hispano Guatemalteca, Diakonia e Protection International.
O estudo “Hidroeléctricas insaciables en Guatemala” analiza en profundidade a conxuntura política e económica que induciu a apertura do país ao investimento estranxeiro sen garantías para os dereitos humanos e a preservación do medio ambiente. Así, exponse todas as arestas de dous casos paradigmáticos dos proxectos hidroeléctricos nas concas de ríos de alto valor ambiental e que proporcionan sustento a un gran número de comunidades indíxenas e locais: os casos de Ecoener-Hidralia e Renace.
Os investigadores, apoiados no terreo por organizacións locais, recolleron os feitos acontecidos, reflectindo o asentamento das empresas españolas Ecoener-Hidralia e Grupo Cobra-ACS para a construción de presas hidroeléctricas en territorio indíxena. A chegada destas empresas supuxo a violación do dereito a unha consulta previa e informada, tal e como recolle a lexislación internacional, pero tamén vulneraron os dereitos colectivos dos Pobos Indíxenas, dereitos Civís e Políticos, e dereitos como o acceso á auga e saneamento. Estas vulneracións prodúcense á vez que se criminaliza e perséguese aos líderes e defensores de dereitos humanos, e establécense estratexias para desarticular á sociedade civil.
“Estes casos evidencian as violacións de dereitos humanos vinculadas á actividade de empresas transnacionales que contan con a conivencia do antigo Goberno de Guatemala de Otto Pérez Molina, exercendo violencia e desprotegiendo á poboación indíxena”, sosteñen os autores. Afirman tamén que “estes casos provocaron unha fractura social moi profunda, non só entre as comunidades urbanas e rurais, senón dentro das propias familias que se opuxeron aos proxectos nos ríos Cahabón e Canbalam”. E en relación á criminalización explican que “as detencións e procesos xudiciais contra líderes da defensa do territorio e algúns episodios de asasinatos, lonxe de ser experiencias illadas, son patróns que se repiten en moitos proxectos relacionados coa extracción de recursos naturais. É necesario introducir no debate internacional a responsabilidade real das empresas na garantía e respecto dos dereitos humanos. Os programas de responsabilidade social das empresas poden chegar a encubrir violacións de dereitos humanos”.
As organizacións que apoian o estudo lembran a necesidade de reforzar de forma urxente o marco legal para exercer un control efectivo sobre as empresas nacionais e transnacionales e garantir o cumprimento das garantías dos dereitos humanos, o acceso á terra e aos recursos naturais. Nese sentido, reclaman actuacións por parte dos organismos internacionais e da cooperación para reforzar as garantías no país.
Podes ver o informe aquí: Hidroeléctricas Insaciables en Guatemala