Amigos da Terra insta ao goberno municipal de Ourense a tomarse en serio as políticas de mobilidade na cidade como eixo vertebrador das políticas de educación, tráfico, saúde, infraestructuras, transporte etc.
Neste sentido pensamos que a mesa da mobilidade é unha ferramenta vixente e activa pero incompleta. Precisan ser tidas en conta as recomendacións que de ela emanan e que suscitan un importante consenso entre os distintos colectivos representados, contar con prazos precisos de execución e un orzamento para tomar as medidas oportunas.
– A pacificación do tráfico: Pasos de peóns elevados, zonas 30, ou xerarquia de prioridade clara en zonas peonís: Peon, bicicleta, bus, coche (por mencionar algunhas)
– Campañas de concienciación incluidas as medidas coercitivas.
– Peonalizacións.
– Desenvolvemento de melloras que faciliten os desprazamentos a pe, que fomenten a bicicleta e que desincentiven o uso do vehículo privado.
Son algunhas das medidas que teñen suscitado este consenso da mesa de mobilidade do Concello de Ourense.
Instamos ao goberno municipal a construir xuntos unha estratexia de cidade na que estas medidas estén presentes en todas e cada unha das accións urbanísticas (Rua Concello, estación internodal etc.).
Instamos ao goberno municipal a que aproveite a oportunidade que brinda a mesa da mobilidade, na que especilistas de forma multidisciplinar e desinteresada están a recomendar unha serie de accións de eficacia probada. Que aproveite esta oportunidade e a convoque, a lidere e poña datas e orzamento as propostas que nela se elaboran. Ourense non se pode permitir máis crises de atropelos, tráfico descontrolado e transporte público ineficaz.
Amigos da Terra, como dende o inicio vai seguir participando na mesa da mobilidade de forma activa e propositiva, convoque quen a convoque.