Este sábado 11 de xuño en O Carballiño, terá lugar a feira de consumo consciente e responsable “Bioterra”; un espazo de encontro entre produtores e consumidores responsables no que intercambiar experiencias e coñecer novas iniciativas en prol da soberanía alimentaria.

Dende Amigos da Terra traballamos e loitamos por unha agricultura e alimentación ecolóxica e local que cubran as necesidades das persoas produtoras e consumidoras. Defendemos que as persoas sexan o principal obxectivo da produción, distribución e consumo de alimentos.

Apostamos por un comsumo ecolóxico, de cercanía e baseado nas relacións de confianza; por reducir as emisións derivadas do transporte de alimentos e por xerar emprego local e de calidade vencellado á produción alimentaria.

Estaremos na feira con un banco de sementes autóctonas que foi medrando gracias á colaboración de veciñas/os que se achegaron ao longo do tempo a trocar e ampliar esta iniciativa. Achegate coas túas sementes, troca por as que non teñas e axudanos a ampliar o banco ainda máis.

Tamén teremos xogos e concursos relacionados coa soberanía alimentaria. Non a perdades; vémonos o sábado no Bioterra!