A voz de alarma desatouse co incendio de Seseña, pero 36000 T de pneumáticos ocupan 3 vertedoiros galegos (As Somozas, Fene e A Laracha) , poñendo en risco a saúde dás persoas que viven na súa contorna.
Dende Amigos da Terra queremos denunciar o abandono sufrido ao longo dos anos, acumulados a ceo aberto, estes recursos de caucho, no lugar de establecer medidas para a súa reciclaxe.
Os pneumáticos están compostos por máis de 200 compostos químicos diferentes, principalmente caucho natural e cauchos sintéticos, pero tamén contan xon axentes químicos como xofre, zinc, cadmio ou chumbo; sustancias moi perigosas para a saúde e o medio ambiento no caso dunha mala xestión como a que ocorreu en Seseña.
Estes residuos, deben ser destinados nun primeiro momento a unha planta de reciclaxe, que evite o risco de incendio e seguidamente, dar unha segunda vida a ese recurso antes de transformarse en residuo.
Ademais, se estamos obrigados a pagar unha taxa cada vez que compramos uns pneumáticos, por unha xestión de residuos que non se fai; entón que queda con eses cartos? Como a administración pode consentir algo así?
Dende Amigos da Terra instamos ás autoridades a tomar medidas neste eido, que pasen por unha planificación axeitada dos residuos en orixe e que se basee nos principios que dita a unión Europea:
Reducir o residuo en orixe, Reutilizalos a través do recauchutado: esta opción eliminaría do lixo o 20% dos pneumáticos volvendo a poñelos en circulación.
E por último reciclalos, converténdose estes nunha materia prima de calidade para a fabricación de novos produtos.
Parece polas declaracións da Xunta de Galicia que unha das opcións consideradas será a valorización enerxética ou incineración destas 36,000 Toneladas.
Se un incendio é un problema de saúde publica; porqué queimalos en incineradoras podería ser unha solución?, declara María Durán, responsable da área de residuos de Amigos da Terra.
Nun mundo cos recursos naturais limitados como o que temos, non podemos permitirnos seguir queimando recursos en lugar de recuperalos, seguindo a lóxica dunha economía circular.