O Concello de Vilaboa (Pontevedra), xunto con Amigos da Terra, pon en marcha no municipio, a segunda fase do seu programa de compostaxe doméstica.
Serán xa con estas novas 25 un total de 50 familias de todo o municipio e os dous centros de ensino os que estarán convertindo os seus residuos orgánicos en compost e reducindo a cantidade de residuos xerada no municipio.
Unha aposta firme e decidida por mudar o modelo de xestión dos residuos en Vilaboa.
A preocupación do Concello de Vilaboa polo aumento progresivo da cantidade de residuos, os problemas derivados do actual modelo de xestión e a necesidade de atopar unha alternativa a esta situación, foron os motivos principais que fixeron poñer en marcha este programa que comeza mañá coa fase formativa.
O proxecto iniciouse hai xa dous meses co proceso de selección de familias, os requisitos para participar incluían o habitar unha vivenda unifamiliar de Vilaboa con parcela anexa, a concienciación ambiental e o número de habitantes da vivenda. Finalmente, escolleronse 50 familias participantes que cumprían estes requisitos e mantense aberta unha lista de espera no Concello para posteriores ampliacións do proxecto.
As 50 familias foron divididas en dous grupos para garantir a calidade da formación. Este venres terá lugar o arranque do proxecto coa formación incial para as derradeiras 25 familias, será ás 20h na casa da Cultura de Riomaior.
Trala formación efectuarase o reparto de material, por parte do Concello que consistirá nun composteiro de 400litros a cada familia participante e un manual de compostaxe para coñecer máis do proceso.
Os veciños/as, contarán durante un ano, co asesoramento técnico persoalizado a domicilio , por parte dos técnicos da asociación ambientalista que levará a cabo o proxecto, Amigos da Terra.
Ademáis das 50 familias participantes, sumaranse os dous centros de ensino do Municipio, Riomaior e o Toural, nos que se implantará a técncia para todos os residuos orgánicos xerados nos centros, e serán xestionados polo alumnado, que recibirá as primeiras formacións este xoves.
Asimesmo o concello de Vilaboa tamén comeza un proxecto de separación e compostaxe dos restos de desbroces e poda municipal, no que tamén invitan a participar a os veciños-as, poñendo a súa disposición un espazo de depósito de restos de poda e cespede das vivendas, así como outros restos vexetais das hortas, para o seu posteior triturado e compostaxe a nivel municipal.
Durante este ano traballarase co obxectivo de reducir os residuos orgánicos producidos no concello, obter un abono de calidade, e concienciar aos cidadáns da problemática asociada aos residuos, e baixo a máxima Reduce, Recicla, Reutiliza, Composta.