091116 camposmaizÉ o momento de prohibir os cultivos transxénicos: o cambio chega ao medio rural

O 17 de abril celébrase o día Internacional da Loita Campesiña con centos de accións en todo o mundo [1]. Plataforma Rural, plataformas territoriais contra os transxénicos e pola Soberanía Alimentaria, Rede de Sementes e Greenpeace reivindican unha agricultura e alimentación libres de transxénicos e súmanse ao chamamento da Vía Campesiña para defender a Terra, a Vida e os alimentos sans.


Este ano queren denunciar tamén a desprotección física e legal que sofren activistas, campesiños e campesiñas por defender os dereitos das súas comunidades. Nos próximos días celebraranse accións reivindicativas e actividades lúdicas en todo o estado [2].

Na Unión Europea hai unha crecente oposición a estes cultivos. Dezanove países acolléronse á nova lexislación sobre organismos modificados xeneticamente e prohibiron en 2015 o cultivo de transxénicos no seu territorio: Letonia, Grecia, Francia, Croacia, Austria, Hungría, Países Baixos, Polonia, Lituania, Bulgaria, Alemaña, Chipre, Dinamarca, Italia, Luxemburgo, Malta e Eslovenia e as rexións de Valonia (Bélxica) e Escocia, Gales e Irlanda do Norte (Reino Unido) [3].

campo de maiz

Mentres, en España séguense cultivando máis de 100.000 hectáreas de millo MON 810, desenvolvido por Monsanto e cuxa autorización caducou en 2008. Unha situación que compromete un modelo agrario sustentable en mans dos campesiños e respectuoso co medio ambiente.Tras dúas décadas de cultivo hai evidencias suficientes de que os transxénicos non supoñen unha solución para os problemas que afronta a agricultura. Os ensaios realizados en Aragón durante o últimos seis anos demostran que o millo transxénico non obtivo unha produción maior á do millo convencional e que o trade, a praga que debe combater o millo MON810, non provocou danos relevantes nos cultivos convencionais [4]. Ademais, seguen aparecendo novos riscos como o teosinte, unha especie invasora, parente silvestre do millo co que se pode cruzar. A expansión do teosinte nas rexións de Aragón, Navarra e Cataluña cuestiona completamente todas as avaliacións realizadas até o momento sobre o millo transxénico [5].

Nestes momentos de incerteza no contexto político, os colectivos denuncian que o medio rural, a agricultura e a alimentación estiveron completamente ausentes na discusión pública. Os cambios na lexislación europea son unha oportunidade para que os Gobernos Autonómicos no Estado Español tomen accións concretas para avanzar cara á soberanía alimentaria e prohiban os cultivos transxénicos no seu territorio.

Á súa vez as organizacións asinantes denuncian a desprotección dos defensores de dereitos sociais e ambientais, en moitos casos membros de movementos campesiños. O modelo agrario actual, sinónimo de acaparamiento de terras e monocultivos, é tamén responsable de crimes contra os dereitos humanos.

***

Notas:

[1] Chamamento da Vía Campesiña

[2] As accións da Semana da Loita Campesiña pódense consultar no blog

[3] Listado de países e rexións que prohibiron o cultivo de millo MON810 no seu territorio

[4] Goberno de Aragón. Dirección Xeral de Alimentación e Fomento Agroalimentario. Informacións técnicas.

[5] Nota de prensa: “Unha nova maleza pon en xaque a autorización de millo transxénico no Estado”.