Amigos da Terra, en colaboración con Oxfam Intermón e a Universidade de Vigo, organiza un obradoiro de Horta Ecolóxica Comunitaria. As persoas participantes aprenderán a crear e xestionar unha horta dende cero, poñerán en práctica os métodos e mecanismos utilizados no agroecoloxismo e adquirián ferramentas e habilidades para afrontar proxectos autoxestionados.
O obradoiro, impartido polo labrego ecolóxico Jacobo Ojea, celebrarse entre abril e outubro de 2016 no campus Lagoas-Marcosende da UVigo e combinará formación e sesións guiadas, con traballos e actividades que o propio grupo deberá desenvolver por si mesmo na horta. Ademais, as 30h de formación serán certificables por 1 crédito ECTS. Consulta nesta páxina toda a información e inscríbete!