Comercio xusto logoAmigos da Terra, Oxfam-Intermon e a Universidade de Vigo continúan co estudo sobre a introdución de produtos de Comercio Xusto en Vigo, nesta ocasión, analizando as condicións e dispoñibilidade para a venda deste tipo de produtos en tendas, supermercados, cafetarías e outros establecementos da cidade viguesa.

Queres colaborar?

Propoñémosche participar nun equipo de voluntariado que levará a cabo entrevistas presenciais en establecementos comerciais da cidade. Facilitarémosche formación, materiais, acompañamento e todo o que precises, nunha tarefa que poderás adaptar aos teus horarios.

Se queres participar segue estes pasos:

1. Envíanos un correo a cooperacion@amigasdaterra.net (antes do 8 de abril) para comunicarnos o teu interese.

2. Asiste á reunión preparatoria que teremos na semana do 11 ao 15 de abril. Alí informarémoste e, se decides participar, incluirémoste no equipo de enquisadores/as máis acorde á túa zona de preferencia.

3. Realiza as enquisas que podas entre os meses de abril e maio e envíanos a información que consigas.

Podemos entregarte un certificado pola túa colaboración e informarte doutras campañas e posibilidades de colaboración.

Axúdanos e participa na investigación!

Co apoio de :

Logo cooperacion galegaLogo xunta