Nas vindeiras semanas Amigos da Terra estará por terras composteláns cunhas charlas debate en inglés sobre obsolescencia programada.
Agnes Csirmaz, unha voluntaria procedente de Hungría e, Kostantinos Sbonias, voluntario orixinario de Grecia, a través de varias dinámicas participativas achegarannos a este concepto polo cal os productos que mercamos son cada vez menos duradeiros e difíciles de reparar.
Máis concretamente, daranse a coñecer varios exemplos e as implicacións sociais e ambientais na depredación dos recursos naturais tanto no norte como no sur. Así mesmo tamén se mostrará a vinculación deste concepto ca redución, reutilización e a reciclaxe de residuos. E xa por último, veranse medidas sinxelas e prácticas que todos e todas podemos levar a cabo, como por exemplo, o proxecto de Amigos da Terra, Alargascencia. Esta web, a parte de ser un directorio onde se pode atopar establecementos onde reparar, alugar, trocar e prestar, todas as persoas interesadas poden suxerir novos para súa incorporación e así aumentar as alternativas para alongar a vida dos nosos productos e reducir o consumo de recursos naturais.
As charlas que se levarán a cabo na Escola de Idiomas e na Facultade de Filoloxía están abertas a todo o público en xeral que teña ganas de practicar inglés e informarse sobre este interesante concepto.
“Obsolesce: programme to die”.
Mércores 24 de febreiro
ás 17:00
Salón de actos EOI Sección SAR
ás 20:00
Salón de actos EOI Vite

Luns 29 de febreiro (2 sesións)
Ás 10:00 e ás 11:00
Sala de Graos da Facultade de Filoloxía (Campus Norte)
Martes 1 de marzo
Ás 13:00
Sala de Graos da Facultade de Filoloxía (Campus Norte)

Nestas datas tamén se realizarán este tipo de charlas en institutos da cidade.