160218 portada webSofSVIGO

Despois do Cumio do Cambio Climático, coñeces o que opinan do Acordo de París a comunidade científica e os movementos ecoloxistas? queres saber o que significa  “obsolescencia programada” a vez que practicas inglés? Apetéceche ver o último documental da activista Naomi Kleim “Isto cámbiao todo”?

Pois se queres, podes. Amigos da Terra en colaboración ca Universidade de Vigo e outros colectivos como a Delegación de Alumnos de Bioloxia ou a Campaña Impórtanos teñen programadas en Vigo durante as vindeiras semanas distintas actividades sobre diferentes temáticas ambientais, para chegar a entender como nos afectan aquí e aos países do sur.



ACTIVIDADES

Mesa redonda: “Cumio Cambio Climático. Análise cientifíca e ecoloxista despois da COP”.
     Data: 24 de febreiro
     Hora: 12:00
     Lugar: Salón de Graos (Pabellón 2, 3º andar)
                 Facultade de Bioloxía de Vigo

Amigos da terra e a Delegación de alumnos da Facultade de Bioloxía da Universidade de Vigo organizan unha mesa redonda onde a comunidade científica e os movementos ecoloxistas exporán a sua visión sobre o acordo de París.

Xavier Labandeira, departamento de Economía Aplicada da Universidade de Vigo e membro do Grupo Intergubernamental sobre o Cambio Climático (IPCC). Aportará a valoración se fai a nivel científico do acordo de París tras a súa aprobación.

Antón Lois, activista de Amigos da Terra. Achegará a visión dos movementos ecoloxistas así como as evidencias que existen do cambio climático non só a nivel global, especialmente visibles nos países máis empobrecidos senon a nivel local, en Galicia.

Bran López, activista de Amigos da Terra. Compartirá a sua experiencia na COP21 como foi a súa participación nas distintas actividades que se levaron a cabo xunto a outros varios de miles dun enorme e variado crisol de movementos sociais, en mobilizacións e accións de rúa que deron voz á xente de todo o mundo.

Finalmente, entre todas as persoas asistentes abrirase un debate sobre os resultados do cumio e as alternativas posibles que pode impulsar a cidadanía.

160204 MesaCC Vigo

Proxección do documental de Naomi Klein: “Isto cámbiao todo
     Data: 2 de marzo
     Hora: 20:00
     Lugar: Auditorio Edificio Cambon
                  Rua Oliva 3 (Casco Vello)

Documental sobre as fatais consecuencias do cambio climático no noso planeta, a través de varios exemplos en diferentes países nos que a actividade humana, sempre promovida polo negocio dos recursos da natureza, está a desestabilizar o clima e o equilibrio natural de forma irreversible, en especial nas últimas décadas. Sen embargo, ao longo do filme vaise construíndo unha idea controvertida e emocionante: que podemos aproveitar a crise existencial do cambio climático para transformar o noso sistema económico que fracasou para convertelo en algo radicalmente mellor.

Escrito, e narrado, pola xornalista e investigadora canadense Naomi Klein, recoñecida activista que saltou á fama polo seu libro “Non logo”, no que arremetía contra as grandes corporacións, e co que se converteu nun personaxe moi influente no movemento antiglobalización.

Ao final da proxección, Águeda Novo e Judith Gamallo, activistas de Amigos da Terra e ECOAR))) respectivamente, e que estiveron na COP 21, compartirán a sua experiencia e comentarán como foi a súa participación nas distintas actividades que se levaron a cabo xunto a outros varios de miles dun enorme e variado crisol de movementos sociais. Finalmente, Antón Lois, moderará un debate entre todas as persoas asistentes para comentar os resultados do cumio e as alternativas posibles que pode impulsar a cidadanía.

160302 Cartel conlogos

Charla “Obsolesce: programme to die“.
     Data: 3 de marzo

     Hora: 12:00
     Lugar: Facultade de Filoloxía e Traducción

     Hora: 20:00
     Lugar: Escola Oficial de Idiomas

Agnes Csirmaz, unha voluntaria procedente de Hungría e, Kostantinos Sbonias, voluntario orixinario de Grecia farán unha exposición en inglés para achegarnos a que é a obsolescencia programada. Darase a coñecer varios exemplos e as implicacións sociais e ambientais na depredación dos recursos naturais tanto no norte como no sur. Así mesmo tamén se mostrará a vinculación deste concepto ca redución, reutilización e a reciclaxe de residuos. E xa por último, veranse medidas sinxelas e prácticas que todos e todas podemos levar a cabo.

160303 ObsolescenciaPoster UnivEOI Vigo

Todas as actividades son de balde máis para poder asistir as charlas será necesario inscribirse no correo electrónico, voluntariado.galicia@amigasdaterra.net.

Máis información: voluntariado.galicia@amigasdaterra.net.
                                   Tlf: 988 374 318