160205 Portada libro
Amigos da Terra
e a Aula da Natureza do río Miño convidan a Ourense ao fotógrafo para que nos fale do seu último libro “La llamada del puma“.

O vindeiro venres 5 de febreiro as 19:00 horas na Aula da Natureza do río Miño,  Amigos da Terra volta a colaborar na presentación dun libro dun dos grandes fotógrafos españois especializados en natureza e medio ambiente, Andoni Canela.

Este evento consistirá nun relatorio onde poderemos coñecer de primeira man as experiencias e anécdotas do autor de La llamada del Puma, unha viaxe de 15 meses por todo o mundo en busca de animais salvaxes. O resultado, un libro de gran formato con 272 páxinas e 150 fotografías acompañadas de textos, ilustracións e debuxos. Ademais, estará acompañado polo recoñecido alpinista Sechu López. Este montañeiro e viaxeiro conta cun amplo historial de ascensión entre o que destaca por ser o único galego en coroar o Annapurna.

O puma é a orixe dunha viaxe extraordinaria por montañas, glaciares, bosques, mares, selvas e desertos. Quince meses de ruta por todos os continentes en busca de sete animais en perigo de extinción. O reto de Andoni Canela era atopar e fotografar ao puma, pero tamén ao lobo ibérico, ao bisonte americano, ao pingüín papúa, ao crocodilo mariño, ao cálao bicorne e ao elefante africano. Canela, ademais, expón algo pouco habitual neste tipo de aventuras: que lle acompañe a súa parella, a escritora Meritxell Margarit, e os seus dous fillos, de nove e tres anos. As experiencias diarias xunto aos animais salvaxes mestúranse coas historias da viaxe e o crecemento dos nenos.

Os actos están organizados en colaboración coa Aula de Natureza do Río Miño de Ourense onde terá lugar o acto de presentación e onde as persoas participantes terán ocasión de que o autor lle deixe unha dedicatoria manuscrita ou mercar algún exemplar desta magnífica obra.

     Presentación do libro “La llamada del puma”
     Venres 5 de febreiro. 19.00 h
     Aula de Natureza do Río Miño (Oira)

160205 prestantacionlallamadadelpuma