Compost 1Mañá, 22 de decembro,  da comezo o programa de implantación da compostaxe doméstica, en 40 vivendas unifamiliares do concello de Coles, que conta coa colaboración do Ministerio de Medio Ambiente, e a execución Técnica de  Amigos da Terra.

O aumento progresivo da cantidade de residuos, os problemas derivados do actual modelo de xestión e a necesidade de atopar unha alternativa a esta situación, foron os motivos principais que fixeron poñer en marcha este programa que comeza mañá coa fase formativa.

O proxecto iniciouse hai xa un mes co proceso de selección de familias, os requisitos para participar incluían o habitar unha vivenda unifamiliar do Municipio con parcela anexa, a concienciación ambiental e o número de habitantes da vivenda. Finalmente, escolleronse 40 familias participantes que cumprían estes requisitos.

A parte formativa do proxecto que ten lugar mañá martes ás 19,30h na Casa do Concello. Trala formación efectuarase o reparto de material, e os participantes asinarán un contrato de aceptación das condicións do proxecto.

O obxectivo do proxecto é o de reducir os residuos orgánicos producidos no concello, obter un compost de calidade, e concienciar á cidadanía sobre a problemática asociada aos residuos. Para iso repartirase un composteiro de 400 litros a cada familia e un manual para coñecer máis do proceso e de asesoramento técnico a domicilio e por teléfono, por parte dos técnicos de Amigos da Terra.

Unha vez se inicie o proceso nas vivendas, realizaranse tres visitas nos domicilios dos participantes, para facer seguemento, resolver dúbidas e recoller datos relativos á evolución do proxecto.  Finalizarase coa extracción de compost de cada composteiro e unha avaliación da experiencia, que servirá para poñer en marcha outras vindeiras fases do mesmo.