plataforma ruralOs habitantes das zonas rurais supoñen o 20% da poboación pero xestionan o 80% do territorio.

Esta mañá, na madrileña Costa de Moyano, Plataforma Rural presentou un documento de propostas de cara ás eleccións xerais do 20D.

Ademais, realizouse unha análise comparativa das respostas enviadas polos diferentes partidos políticos a un cuestionario sobre os problemas e solucións para os habitantes das zonas rurais.

As organizacións integrantes de Plataforma Rural presentaron hoxe en Madrid o manifesto reivindicativo “Por un programa político en defensa dun mundo rural vivo e a soberanía alimentaria” no que se pide aos partidos políticos que concorren ás eleccións xerais do 20D un novo pacto que garanta o futuro dos nosos pobos e a igualdade de oportunidades dos habitantes do mundo rural e urbano. Ademais, realizouse unha análise comparativa das respostas enviadas polos diferentes partidos políticos a un cuestionario sobre os problemas e solucións para o medio rural.

En rolda de prensa, os representantes de Plataforma Rural subliñaron que aínda que os habitantes das zonas rurais representan o 20% da poboación total do noso país habitan e xestionan o 80% do territorio. Neste sentido, sinalaron o carácter estratéxico do aporte que fai a poboación rural para a produción de alimentos saudables, a xestión e conservación do medio ambiente, o mantemento da cultura e as tradicións das comunidades rurais e a protección da biodiversidade.

plataforma rural

Dentro dos retos que debe abordar o novo goberno que salga das urnas, Plataforma Rural sinalou o despoboamento de grandes áreas rurais, a desaparición de agricultores e gandeiros, o desmantelamento de servizos públicos básicos como sanidade e educación e as dificultades para o acceso á terra e vivenda dos mozos e mulleres que queren traballar e vivir nos pobos.

O manifesto presentado apunta que, recuperar o vital equilibrio entre poboación e territorios, depende en gran medida de decisións políticas que lexislen a favor de:

• Unha sanidade pública adaptada ás características e necesidades dos diferentes territorios rurais. • Unha escola de calidade en cada pobo. • Uns recursos que permitan revalorizar as culturas campesiñas e rurais. • Oa cceso ao transporte público: trens, liñas de autobuses. • Unha atención personalizada das nosas persoas maiores para que poidan culminar a súa vida no lugar onde sempre viviron. • Un apoio ás mulleres que manteñen o tecido social e económico cun esforzo invisible e asumindo o coidado das persoas dependentes sen apenas alternativas nin apoios. • O acceso á vivenda para as mozas que queren vir vivir aos pobos.

Ademais, desde Plataforma Rural reclamouse un esforzo adicional para recuperar o valor económico, social e ambiental do sector primario, motor dun desenvolvemento integral e sustentable para os pobos. Neste capítulo, os agricultores e gandeiros locais deben recuperar o protagonismo, porque son a base para a fixación de poboación, a creación de emprego e o equilibrio territorial. Para que iso sexa posible, o documento reivindicativo recolle unha serie de medidas:

• Unha agricultura local e sustentable.

• Unhas políticas públicas que faciliten o acceso á terra aos novos agricultores/as.

• O dereito a producir e multiplicar as túas propias sementes.

• Unha xestión pública da auga afastada do mercado e dos grandes negocios das infraestruturas e a enerxía.

• A creación de empresas locais para a transformación agroalimentaria con normativas de control hixiénico-sanitarias diferenciadas da produción industrial e a gran escala.

• O fomento de mercados locais e sistemas directos de distribución e venda de alimentos

• Unha regulación máis exhaustiva da cadea alimentaria que equilibre o papel de todos os actores e que permita ao sector produtivo cobrar prezos xustos polos seus produtos.

• Políticas de compra pública de alimentos en proximidade.

Para finalizar, os portavoces da plataforma mostraron o seu rexeitamento á Lei de Racionalización e sustentabilidade da administración local, que condena a desaparecer ás Xuntas veciñais e a moitos municipios, ao cultivo de transxénicos en España, ao Tratado Transatlántico para o comercio e o investimento (TTIP) entre a UE-EEUU, ao fracking e outras formas de explotación que esnaquicen o territorio rural, e á Política Agraria Comunitaria (PAC) nos actuais termos, que favorece a grandes multinacionais agro-exportadoras e non prioriza os seus apoios aos agricultores e gandeiros profesionais, aqueles traballan directamente na súa explotación.

Plataforma Rural pretende abrir un diálogo con todas as forzas políticas que obteñan representación parlamentaria para que estes reclamos que consideramos urxentes sexan o camiño que trace as políticas na seguinte lexislatura. Con esta formulación a Plataforma Rural pretende iniciar un diálogo con cada partido que se plasme en compromisos concretos que vaian máis aló de 20 de decembro.

Asina e lee o manifesto aquí!