verduras sementesEste xoves plantamos as urnas fronte ao Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente.

Desde a Plataforma Rural, da que Amigos da Terra forma parte, chamamos á cidadanía para apostar pola soberanía alimentaria co fin de reclamar un sistema alimentario xusto para as persoas e o medio ambiente.

Acto Plantamos as urnas: Xoves 3 de decembro ás 11:00h. na Costa de Moyano, Madrid (metro de Atocha)

Ante o 20D numerosos colectivos unímonos para reivindicar un mundo rural vivo na próxima lexislatura. Unha agricultura a pequena escala e local, baseada en principios agroecológicos, pode garantir un soldo digno para os agricultores e agricultoras, á vez que asegura unha alimentación saudable para a xente e o medio ambiente.

Únete, asina o manifesto aqui >>>.

Defende a soberanía alimentaria!    #VamosAPlantarLasUrnas