Sen ningunha proposta sobre redución de residuos, a Xunta de Galicia e SOGAMA destacan a cifra da redución dun 14% dos últimos 4 anos. Unha redución debida á crise económica que durante o mesmo periodo levouse o 7,5% do poder adquisitivo do cidadán español medio. Sen contar ademais que entre 2007 e 2011 a cesta da compra encareceuse nun 28% e os salarios só subiron un 4% en Galicia.
A xunta pretende ocultar así a súa inoperancia á hora de ser capaz de afrontar o problema dos residuos e reducir a súa xeración. A Unión Europea establece a redución como a prioridad á hora de xestionar os residuos e o vertido e a incineración como as últimas.
O presidente de SOGAMA e a Xunta poderían copiar a declaración que esta semana fai pública a Generalitat de Valencia na que veta a incineración,ou o cánon á incineración e ao vertido que establece Cataluña, pero ao contrario, propoñen aumentar a capacidade incineradora da planta de Cerceda.
Mentres, non teñen ningunha idea para a redución en orixe, afastándonos dos obxectivos da Unión Europea. Por si todo isto non fose suficiente, o ano pasado subiu as taxas para a xestión esixida aos concellos nun 34%, e a totalidade da materia orgánica que debería camiñar cara a un 50% de reduccción para 2020 é queimada cada día na incineradora, feito que demostra que o actual modelo é insostenible non só ambientalmente senón tamén no económico.
Mercar menos é a principal razón para esa redución e non as políticas da Xunta. Pero a redución é igualmente posible nos próximos anos sexa cal for o contexto económico.
Amigos dá Terra quere aproveitar a Semana europea da redución de residuos para presentar unha ambiciosa campaña para que cada persoa poida seguir a senda da redución na xeración de residuos desde a súa propia casa, independentemente da situación económica, visto que a Xunta non ten ningunha intención de facelo.
Mañá farase pública.