arenas bituminosas tarsands-1O mantra do libre comercio xa está presente, por desgraza, en todos os países. A idea de que o comercio dá diñeiro e produtos, non pode ser o principio polo que se rexe a humanidade sen contemplar ningún tipo de trabas económicas ou ambientais, unha idea falsa que está causando estragos nas normas que protexen o medio ambiente e os dereitos humanos en todo o mundo.

Europa atópase inmersa nun proceso de negociación de novos tratados de libre comercio con Canadá e Estados Unidos que sacudirá, a peor, os nosos dereitos laborais e varrerá a lexislación ambiental para permitir a importación de produtos nocivos para a saúde e o medio ambiente. Un dos exemplos menos coñecidos, pero máis perigosos a ambos os dous lados do océano, é o das areas bituminosas de Alberta, en Canadá.

Coñécense como areas bituminosas ou asfálticas ao petróleo e alquitrán mesturado con area no subsolo. O proceso de extracción do petróleo deste sustrato é moi caro e moi sucio. Aínda por riba, poboacións nativas de Alberta víronse desposuídas da súa terra que agora aloxa á industria extractiva.

O petróleo obtido é da peor calidade posible, de feito o queimalo supón emitir á atmosfera máis partículas contaminantes e máis gases de efecto invernadero que co petróleo convencional. O efecto sobre a atmosfera é tan daniño que non é admisible a súa utilización. O petróleo das areas debe permanecer baixo terra. Con todo, Europa, absolutamente dependente da importación de enerxías fósiles para manter a súa economía, segue optando por utilizar calquera tipo de petróleo, con tal de non usar enerxías renovables. Isto foi o que promoveu o acordo de libre comercio con Canadá, o CETA que, de non impedirse, asinarase a principios de 2016. Para allanar o acordo, Europa xa renunciou a normas proteccionistas do medio ambiente como a Directiva Europea de Calidade do Combustible, que limitaba as emisións de gases de efecto invernadero derivadas do uso do petróleo.

España, por desgraza, foi a porta de entrada a estes combustibles. Xa coñecemos dous cargamentos en probas que chegaron aos portos de Muskiz en Bizkaia e a Cartagena en Murcia, dado que as refinerías contan coa tecnoloxía adecuada para tratar a mestura de petróleo e area. En menos dun mes é probable que do porto de Houston, tras cruzar Norteamérica en tren, outro petrolero parta en dirección a España. Pero por terceira vez, activistas do movemento ecologista darán unha calurosa benvida? ao cargamento, denunciando a situación en pleno porto. Fai poucos días, as/os activistas estadounidenses pararon a construción dun gran oleoducto desde Alberta ao porto de Houston. Esperamos que desde o noso lado teñamos vitorias semellantes e paremos por fin a firma dos tratados.

Podes ampliar a información sobre areas bituminosas con noso informe
Areas bituminosas, así son os feitos:

http://www.tierra.org/spip/IMG/pdf/arenas_bituminosas_tarsands.pdf