A carón do “Banco máis triste ” da Igrexa dos Mouros e moi preto da Pena Muller en pleno corazón do Larouco, imos comezar os traballos que minimicen os estragos co lume produciu neste verán. Queremos unha serra verde e con vida, elo precisa da nosa axuda.
Sairemos ás 10 da mañá do local social de Lucenza (Cualedro) entre outras accións organizaremos un pequeno obradoiro forestal para:
1.- Crear barreiras contra a erosión.
2.- Plantación e sementeira de árbores.
3.- Limpeza e arranxo dunha fonte.
4.- Limpeza e arranxo da área de lecer e da contorna da Pena Muller.
5.- Recollida de lixo.
6.- Limpeza de noiros e encauzamento das augas.
7.- Magosto na serra e xornada de convivencia.
Precisamos da túa axuda e colaboración.
O sábado día 7 podes axudarnos a facer este pequeno acto de desagravio a tan maltratada natureza, axudarnos ao comezo da restauración e recuperación da vida na serra.
Lembra levar comida e bebida para o xantar, ao magosto invitamos nós.
Para apuntarte chama aos teléfonos 988374318 ou envia un email a voluntariado.galicia@amigasdaterra.net
Organiza: AA VV Lucenza co apoio de Amigos da Terra
