Este concello comezou a apostar pola compostaxe como método de xestión alternativo para os seus residuos fai agora doce anos, en conxunto con Amigos da Terra, contando coa participación de máis de 200 familias. Neste 2015, 20 familias máis sumanse ao programa, traballando así pola redución de residuos e pola mellora ambiental do concello.
A preocupación do Concello de Arzúa polo crecente aumento de toneladas de residuos orgánicos destinados a vertedoiros e incineradoras, e a vontade pola mellora de politicas ambientais que repercutiran no concello e nos seus veciños, levou á concellaría de Medio Ambiente a poñer en marcha, xunto coa organización Amigos da Terra, unha alternativa local e viable economica e ecoloxicamente, a compostaxe doméstica da materia orgánica, de xeito controlado.
O programa consta dunha parte formativa e educativa e do reparto de composteiros entre as familias participantes. A duración do mesmo é de un ano, e nese tempo, os tecnicos supervisan e evalúan o proceso a fin de garantir o éxito do mesmo.
Este mércores da comezo esta nova fase na que se integran 20 novas familias do municipio. Comezarán cunha formación básica para arrancar o proceso seguida de visitas de seguemento ao longo do ano.
A avaliación realizada ata o momento amosa que nos fogares onde se realiza a compostaxe, a cantidade de residuos destinada ao contedor xenérico estase a reducir nun 40% e que a separación selectiva do resto de residuos mellorou notablemente.
Consecuencia de esto é a redución do material que se envía dirariamente a Sogama, materia que agora pasará a formar parte dos solos e terras de cultivo das familias deste municipio, aumentando a súa fertilidade e reducindo os efectos sobre o cambio climatico que ten o transporte continuado de residuos.
Arzúa aposta pola compostaxe, porque outro modelo de xestión dos residuos é posible.