compost1O Concello de Camariñas,  aposta decididamente pola compostaxe e amplia o número de familias participantes a 60 mais. Serán así máis de 180 familias compostando os seus residuos orgánicos e nutrindo as súas hortas e xardins con compost ecolóxico.

Tras a boa experiencia iniciada hai xa un ano coas 25 primeiras familias de Camariñas, seguida dunha segunda fase a comezos de 2015, o Concello decide aumentar as participantes a 60 máis. O obxectivo deste proxecto é o de reducir os residuos orgánicos producidos no Concello, obter un abono de calidade, e concienciar á cidadanía da problemática asociada aos residuos.

Para isto, o Concello repartirá de maneira gratuita, un composteiro a cada familia participante e un manual de compostaxe para coñecer máis do proceso. Os veciños/as, contarán co asesoramento técnico persoalizado a domicilio e por teléfono, por parte dos técnicos da asociación ambientalista que levará a cabo o proxecto,Amigos da Terra.

Os requisitos necesarios para poder participar neste proxecto son: Ser veciño/a do concello de Camariñas, habitar unha vivenda cun pequeño terreo, xardin ou horta ao lado e estar disposto a participar do proxecto.

Este venres, ás 20h da tarde, dará comezo a terceira fase do programa cuna xornada formativa na Casa de Pedra. Alí aprenderán os conceptos básicos para comezar a compostar e seranlles entregados os materiais do proxecto.

Ainda que o programa da comezo, a lista de participantes sigue aberta para os interesados. So teñen que chamar á casa de Pedra e apuntarse.