Apuntate ao voluntariado ambiental de Amigos da Terra: colabora na protección do Parque Nacional das Illas Atlánticas de Galicia.
Queres involucrarte no coidado da natureza? e conocer un pouco mellor os tesouros naturais galegos? acabamos de abrir o prazo de inscrición para que te apuntes aos campos de voluntariado deste outono.
Dende Amigos da Terra xunto a Ecocampus UAM estamos a organizar varios Campos de Voluntariado Ambiental en diferentes Parques Nacionais. A idea é concienciar sobre a importancia destes legados naturais a través de proxectos e actividades nos espazos da Rede de Parques Nacionais, os seus terreos e centros.
Aquí en Galicia desenvolveránse durante os meses de outubro e novembro no Parque Nacional das Illas Atlánticas de Galicia, nas illas Cíes, Ons, Sálvora e Cortegada e como principal actividade estudarase o desenvolvemento fenolóxico (cambios dun ser vivo ao longo do tempo) das principais especies de flora arbórea e arbustiva.

Datas
10 de outubro – Illas Cíes
11 de outubro – Ons
16 de outubro – Sálvora
17 de outubro – Cortegada
18 de outubro – Illas Cíes
23 de outubro – Ons
24 de outubro – Sálvora
25 de outubro – Cortegada
30 de outubro – Illas Cíes
31 de outubro – Ons
1 de novembro – Sálvora
6 de novembro – Cortegada
7 de novembro – Illas Cíes
8 de novembro – Ons
13 de novembro – Sálvora
14 de novembro – Cortegada
15 de novembro – Illas Cíes
20 de novembro – Ons
21 de novembro – Sálvora
22 de novembro – Cortegada

Bota un ollo aos requisitos xerais de inscrición aqui >>>
Neste enlace tedes máis información específica sobre o voluntariado nas illas atlanticas en outono >>>>
Máis información e inscricions aqui >>>
Descarga a túa ficha de inscricions aqui >>>
Apuntadevos canto antes que as prazas son limitadas!