jerarquia residuos
O pasado 9 de xullo, tivo lugar a votación do Parlamento Europeo sobre Economía Circular, na que os parlamentarios recoñeceron a necesidade de medir o uso neto de recursos naturais e de marcar obxectivos máis elevados de reciclaxe.

Amigos da Terra celebra a aprobación dos apartados que avanzan cara á economía circular e un consumo sustentable dos recursos naturais. Estes apartados estaban reflectidos no anterior paquete de Economía Circular da Comisión Europea e, agora, foron retomados pola Comisión de Medio Ambiente do Parlamento Europeo. Nesta ocasión o Parlamento votou a favor de:

-Obxectivos obrigatorios de reciclaxe dun 70% dos residuos municipais en 2020 e un 80% dos residuos de envases en 2030.

-Medidas para limitar a incineración de residuos reciclables en 2020, e a eliminación dos subsidios ás infraestruturas de incineración.

-Establecemento obrigatorio de catro indicadores do uso do chan, auga, materiais e carbono en 2018, propostos por Amigos da Terra.

jerarquia residuos

A pesar da aprobación destes puntos clave, Amigos da Terra lamenta a rebaixa do obxectivo de redución dun 30% de produtividade (uso de recursos en relación ao PIB xerado) dos recursos, que pasou de ser vinculante a voluntario.

Este informe é unha clara chamada de atención á Comisión Europea para que cumpra co seu compromiso de publicar un novo Paquete de Medidas para unha Economía Circular, realmente ambicioso, coa inclusión das medidas aprobadas hoxe polo Parlamento e outras con maior alcance.

Segundo Alodia Pérez, responsable da área recursos naturais de Amigos da Terra, “o Goberno español debería tomar nota do mandato europeo e pór en marcha unha estratexia estatal de consumo de recursos naturais na que se inclúa a planificación de residuos necesaria para asegurar o peche do ciclo”.

Para satisfacer o sobreconsumo actual de bens e servizos das sociedades do Norte Global requírese a extracción de grandes cantidades de recursos naturais no planeta. Dita explotación leva graves impactos, tanto no medio ambiente, como nas comunidades que viven nas zonas de extracción de recursos.

Ademais, a situación actual reflicte claras inxustizas sociais, económicas e ambientais entre rexións e xeracións. Agora temos a oportunidade política para cambiar esta realidade. A Unión Europea debe perseguir unha economía circular que cubra as necesidades das persoas dentro dos límites do planeta.

***

Co apoio de

logo fb online