tratado derechos humanos Activistas a favor dos dereitos humanos e ambientais participan esta semana nunha reunión da ONU, que ten como cometido redactar un tratado vinculante para regular as violacións de dereitos humanos levadas a cabo por empresas. Desde a campaña ínstase a todos os países a traballar para lograr unha protección efectiva das persoas e a súa contorna.

A primeira sesión do ‘Grupo de Traballo Intergobernamental’ sobre empresas transnacionales celébrase en Xenebra do 6 ao 10 de xullo. Amigos da Terra e outros grupos de activistas que conforman a Campaña para Desmantelar o Poder das Empresas e a Alianza do Tratado (unha crecente alianza mundial de grupos da sociedade civil) están a reclamar un tratado internacional legalmente vinculante que consiga previr e indemnizar as violacións de dereitos humanos cometidas polas empresas.

tratado derechos humanos

Fai dezanove anos Ken Saro-Wiwa e outros líderes do pobo Ogoni foron executados en Nixeria por mobilizarse e oporse ao impacto das empresas petroleiras que operan en Ogonilandia, entre elas Shell. Até agora non se fixo xustiza. Un novo tratado vinculante de dereitos humanos sería un paso crucial para previr unha inxustiza como similar no futuro.

As directrices voluntarias existentes sobre as empresas e os dereitos humanos non brindan acceso á xustiza, nin indemnización ás vítimas. Por este motivo, Amigos da Terra defende un sistema xuridicamente vinculante que sitúe os dereitos humanos por encima dos privilexios das empresas e da impunidade que outorgan as normas do ‘libre comercio’ e os dereitos dos investidores.

Esta reunión podería ser clave para lograr normas obrigatorias para as empresas transnacionais e pór fin á actual impunidade. Pero só será posible si os Estados membros da ONU demostran unha clara vontade política. Os delitos das empresas non poden quedar impunes. É de máxima urxencia establecer un tratado vinculante que indemnice ás persoas afectadas e restableza os ecosistemas danados, así como o sustento das comunidades locais. Á súa vez teran que responsabilizarse xurídica e penalmente ás empresas e directivos que atentaron contra os dereitos humanos.

Miles de persoas están a mobilizarse en todo o mundo a favor deste tratado. Do 6 ao 9 de xullo representantes de movementos sociais e poboacións afectadas ocuparán a Praza das Nacións en Xenebra para reclamar que todos os países defendan ás súas comunidades e non ás grandes empresas transnacionales.

A Unión Europea (UE) opúxose a elaborar un tratado vinculante desde que se presentou unha resolución ante o Consello de Dereitos Humanos das Nacións Unidas, ademais anunciou publicamente que non participará no debate. A pesar de que o Parlamento Europeo emitiu unha declaración de apoio ao proceso do grupo de traballo intergobernamental para establecer normas vinculantes para as empresas, a UE impuxo unha serie de condicións antes de participar. Isto contrasta coa agresividade da UE á hora de defender os dereitos das empresas a través de tratados de libre comercio, por exemplo nas negociacións do Tratado de Comercio e Investimentos entre Estados Unidos e a UE. A pesar deste contexto, moitos países participarán na reunión histórica que se celebra do 6 ao 10 de xullo, entre eles Suíza e a maioría dos países de América Latina.

Activistas de Amigos da Terra están como observadores da reunión en Xenebra. Unha delegación de representantes de Australia, Bélxica, Brasil, Colombia, O Salvador, España, Francia, Holanda, Indonesia, Nixeria, Suíza e Uruguai participarán na semana de mobilizacións en Xenebra, organizada pola Campaña Mundial para Desmantelar o Poder das Empresas.