Dende fai meses, na flota de buses urbanos de Ourense circulan carteis informativos sobre a campaña para concienciar á cidadanía acerca da problemática do cambio climático, da súa relación co transporte de alimentos e de alternativas de consumo repectuosas co medio ambiente. Mercar alimentos locais e tempada, participar en cooperativas ou grupos de consumo ou comprar alimentos a labregos e labregas da nosa contorna son algunhas das alternativas para reducir a pegada de carbono asociada á nosa alimentación.
A campaña nace nun informe co mesmo nome, elaborado pola Universidade de Vigo e a Universidade de Sevilla para Amigos de la Tierra. Nel, se recollen os datos de emisións de Gases de Efecto Invernadoiro (GEIs) provocados polas importacións de alimentos no Estado español.

Moitas persoas que xa viron os carteis nos preguntan máis acerca deste tema. Se ti tamén estás interesado/a en saber máis sobre este tema ou buscas información sobre productores/as ecolóxicos, grupos de consumo, e outras alternativas de consumo consciente e responsable, contáctanos!